Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A start up camariñana BreikoBreiko estará presente no Mobile World Congress 2021

Breiko Breijo creadores copia
Os creadores de Breiko Breiko
A start up camariñana BreikoBreiko estará presente no Mobile World Congress 2021

Coñecíamolos en febreiro tras colocar a súa APP para transportistas no nº1 de Google Play. Agora, a startup camariñana Breiko Breiko, usuaria do Carballo Coworking, dá un paso máis na súa meteórica carreira coa súa próxima presencia no Mobile World Congress 2021, un dos eventos sobre tecnoloxía móbil máis importante do mundo.

Na feira poderán establecer contactos con grandes corporacións internacionais e dar a coñecer o seu proxecto a novos inversores coa finalidade de procurar financiamento máis alá das nosas fronteiras. Así mesmo, está previsto que participen en diferentes talleres de innovación xunto a grandes expertos do sector. “Cando comezamos con todo isto, imaxinabamos que en breve estariamos no MWC co noso propio stand, xunto a grandes empresas como Microsoft, Amazon… E o que é a vida… grazas ao convite de Conector, alí estaremos”, comenta entusiasmado Mario Pais, CEO de Breiko Breiko.

Desde a súa creación hai menos dun ano, esta app para móbiles orientada aos profesionais do transporte por estrada está a bater récords de usuarios e expansión empresarial. Teñen xa máis de 10.000 descargas, interesando a grandes multinacionais de loxística.

original_32

Novas relacionadas

comentarios