Domingo. 28.02.2021
El tiempo

Dous camariñáns creadores dunha APP para transportistas, xa no nº1 de Google Play

Fran Pais e o enxeneiro de Breiko Breiko
Fran Pais é o enxeñeiro de Breiko Breiko
Dous camariñáns creadores dunha APP para transportistas, xa no nº1 de Google Play

Mario Pais Fondo e Fran Pais Fondo son da Ponte do Porto, e David Fernández Veloso de Fene. E están desenvolvendo o seu proxecto emprendedor no Coworking Carballo. Unha APP para transportistas que en, apenas un mes, xa está de número 1 en Google Play.

Breiko Breiko nace da necesidade de atopar axuda na rede, da experiencia de 20 anos no sector da empresa de transportes da familia camariñá. Co traballo de marketin de David e a capacidade técnica de Fran nace esta “APP móbil gratuíta que serve como complemento aos dispositivos GPS convencionais aportando información útil para o día a día de calquera transportista (incidencias na rede viaria en tempo real, prezos de combustibles actualizados, puntos conflitivos en ruta, áreas de descanso, aparcamentos vixiados, restaurantes específicos para transportistas, etc.).”

Podedes coñecelos mellor na entrevista que lle fan dende o propio espazo de Coworking.

Creadores de Breiko Breiko
David, Mario e Pais son os creadores de Breiko Breiko

Novas relacionadas

comentarios