Martes. 30.04.2024
El tiempo

Teatro, música e moita ilusión para celebrar o Nadal en Camariñas

• A recepción de Papá Noel e a cabalgata dos Reis Magos completan programación de actividades para este Nadal.
• O acendido da iluminación terá lugar o mércores 6 de decembro ás 18 horas na Praza da Insuela.
 
Programa Nadal Camarinas 2023
Teatro, música e moita ilusión para celebrar o Nadal en Camariñas

As actividades de Nadal do Concello de Camariñas chegan cargadas de teatro, música, e, sobre todo, moita ilusión.
 
O acendido da iluminación de Nadal marcará o inicio da programación de actividades e terá lugar o mércores, 6 de decembro, ás 18 horas na Praza da Insuela. Será un acto amenizado por DJ Mouzo, o Coro Vento Mareiro e o Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas. Haberá un fotomatón, unha plataforma 360º, fogos artificiais, flocos de millo, algodón de azucre, chocolate con churros e inchables.
 
O venres, 22 de decembro, ás 17 horas na Casa de Pedra, terá lugar a obra teatral ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro. Unha peza inspirada no conto ‘A vendedora de mistos’ de Hans Christian Andersen para un público familiar.
 
O sábado, 23 de decembro, ás 17 horas, a Casa de Pedra acollerá o espectáculo de pompas de xabón da compañía Malasombra. A duración é de 60 minutos e está dirixida a un público familiar.
 
O domingo 24 de decembro a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recibirá a Papá Noel na casa consistorial para que logo comece o seu percorrido por todas as parroquias do municipio.
 
O venres, 29 de decembro, ás 17 horas, na Casa de Pedra, Píscore interpretará o seu espectáculo ‘Molto Barroco’, unha obra con música, teatro e gags cómicos. A duración é de 55 minutos e está dirixida a un público familiar.
 
As actividades de Nadal rematarán coa cabalgata dos Reis Magos o venres 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao porto de Camariñas Camariñas por mar na lancha de salvamento marítimo ateigados de caramelos e percorrerán todas as casas do concello. Nas paradas haberá roscón e chocolate para todas as persoas.

Máis programas de Nadal

 

Comentarios