Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe

Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe
Teddy Vilán, A primeira mascota da Mostra do Encaixe

Teddy Vilán é un osito de peluche e se convirte na primeira mascolta da Mostra do Encaixe. Xa a podedes coñecer na exposición itinerante, que vén de pasar por Barcelona e que visitará Valencia, e e en Semana Santa estará no certamen de Camariñas, para ficar para sempre no museo do encaixe da localidade. Unha mascota que serve para celebrar os 25 anos do certamen.

A organización da Mostra pensaron en crear unha mascota dirixida ás nenas das escolas de palillo da localidade, posto que elas son o futuro do encaixe. O Teddy Vilán foi elaborado por unha empresa catalá que en 2012 creou a marca GSBears, unha prestixiosa firma a nivel nacional, que fai este tipo de peluches de forma totalmente artesanal. A firma terá un stand na Mostra do Encaixe, con ositos de encaixe de Camariñas.

A Mostra, de balde para os veciños

O Concello de Camariñas tamén anunciou que para festexar os 25 anos da Mostra do Encaixe nesta ocasión todos os veciños da localidade poderán asistir gratis ao certamen todos os días e todas as veces que desexen (nas últimas edicións só podían entrar gratis un día). Os residentes só deberán abonar a entrada a desfílelos que se celebran durante a feira.

Nos próximos días coñeceranse novos detalles da Mostra do Encaixe que se celebrará do 1 ao 5 de abril en Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios