O encaixe aposta pola promoción 2.0


Un grupo de once xornalistas e bloggers de Galicia, España e Reino Unido, especializados en turismo visitan Camariñas estes días. Unha nova demostración que a vila aposta pola Mostra e o encaixe como principal reclamo turístico de Camariñas, amosando especial atención a medios de difusión que hai anos nin se prantexaban. Temos bos exemplos na bisbarra sobre a incidencia que pode chegar a ter unha iniciativa a través da rede, entre eles, o gran Camiño dos Faros.
Tres xornadas para coñecer os recursos turísticos do municipio e o “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”, no que se enmarca esta iniciativa. E despois, claro, contarllo a todos os seus lectores.
A comitiva foi recibida no Museo do Encaixe de Camariñas, e terán moitas cousas que facer, como a Ruta dos Naufraxios, a subida á lanterna do Faro Vilán, unha degustación de algas recollidas nos portos de Arou e Santa Mariña e unha ruta deseñada conxuntamente polos traballadores do mar que asistiron ao programa formativo de “Camariñas, o mar todo”.

Os xornalistas e bloggers pertencen a medios galegos (Edurne Blaines Pilat e Ricardo Groba de Vivir Galicia, José Luís Oliveira Pereira de As Pequenas Viaxes (e algo de gastronomía) e Bo proveito e Alberto Ribas de Máis Grelos) nacionais (Lalo Fernández Mayo de Guiarte.com, Daniel Morales Pulgarín de LegaTraveler, Maica G. Quintanilla de En Red Hoy, Manolo Bustabad e Pilar Alonso Castro de Expreso e Javier Castro Llano de Viajes de Primera) e incluso internacionais (Annie Bennet de Mooching Around Spain).

Aposta polo Encaixe
“O encaixe de Camariñas é un dos patrimonios máis importantes de Galicia e con máis prestixio en todo o mundo”, matizou Ínsua Rial, á vez que lembrou que desde o ano 1991 que se organizou por primeira vez a Mostra do Encaixe “encaixe e Mostra correron por camiños paralelos”. ”A Mostra pasou de ser unha simple feira de mostras a ser un referente nacional e internacional en materia de deseño a partir do encaixe, e en aplicar á moda este labor artesanal con enorme éxito”, subliñou. Sandra Ínsua aludiu aos numerosos prestixiosos deseñadores que participan no evento cada ano “como promotores dun modo distinto de entender a moda a partir da tradición”.
Ínsua Rial lembrou que o próximo 1 de abril comezará a edición número 25 da Mostra do Encaixe, un evento que durante un cuarto de século “serviu para mostrar e vender encaixe, pero tamén para crear sinerxías e relacións con ducias de países e localidades de España con encaixe propio”, e fixo un chamamento para participar neste evento durante a próxima Semana Santa.
Novas relacionadas
- De ruta coas mariscadoras de Camariñas.
- Camariñas estreará novas rutas de turismo mariñeiro.
- Coñecendo casos de éxito do turismo mariñeiro.
- Os hostaleiros de Camariñas crearán un menú mariñeiro propio.
- Camariñas crea unha Rede Turística para unir o sector hostaleiro.
Máis novas
- O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán.
- Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
- A bitácora da semana (CCXXV): A ruta dos naufraxios de Camariñas.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).