sábado. 22.03.2025
El tiempo

As toalliñas hixiénicas seguen a ser o gran inimigo ambiental da praia da Area da Vila de Camariñas

Lixo recollido na praia Area da Vila na limpeza de Mar de Fabula 2
Lixo recollido na praia Area da Vila na limpeza de Mar de Fabula 2
As toalliñas hixiénicas seguen a ser o gran inimigo ambiental da praia da Area da Vila de Camariñas

Despois de moitos anos a o pasado mes de setembro a praia Area da Vila de Camariñas volvía ser apta para o baño. Pero o areal urbano da vila camariñá segue tendo problemas de saneamento. Así o confirmaron a Asociación de Mar de Fábula e alumnado do CEIP Areal, que nunha limpeza de lixo chegaron a recoller máis de toalliñas hixiénicas.

Lixo recollido na praia Area da Vila na limpeza de Mar de Fabula coa rapazada

A xornada de concienciación serviu para avaliar o Bo Estado Ambiental (BEA) do areal, segundo os parámetros fixados polos expertos da Comisión Europea. 31 alumnos de 3º e 4 de primaria acompañados por tres docentes, traballaron arreo recollendo, en 200 metros de praia, un total de 470 residuos: ademais das toalliñas, 48 refugallos da pesca, 45 restos de plásticos blandos, 48 envases, 13 paos plásticos das bateas ou tarugos, 9 anacos de madeira, 3 botellas de vidro, e ata 1 colchón de gomaespuma ou 3 bolsas de raticidas.

Lixo recollido na praia Area da Vila na limpeza de Mar de Fabula raticida

Suspenso*

O areal non pasaría o exame da Unión Europea que fixan o Valor de Umbral para obter unha calificacion ambiental boa en 20 items por 100 metros de praia > a 2,5 cm. O resultado aquí acadado está moi lonxe dese obxectivo (235 items por cada 100 metros de praia) mais, se restamos as 300 toalliñas húmidas (64% do total), 85 items por 100 metros de praia xa non sería un desfase tan grande, explican dende a entidade.

A EDAR e a conciencia

Para Mar de Fábula, “cómpre corrixir o funcionamento das EDAR para que poidan reter os residuos do lixo retrete e, máis importante aínda, temos que conseguir que a cidadanía non tire polo váter nada que non sexan as tres Ps”, (pipí, popó e papel hixiénico).

A entidade seguirá facendo campañas ao longo do ano no areal urbano.

Lixo recollido na praia Area da Vila na limpeza de Mar de Fabula

Máis novas

Outras novas

Comentarios