Todos os grupos da oposición apoian á marcha reivindicativa dos traballadores de Ferroatlántica
12:07 07/07/17
Saída de Negreira da comitiva de traballadores de Ferroatlántica
Arrincaban este mércores e avanzan (hoxe toca Negreira-Bertamiráns) cara a Alameda de Compostela, onde o sábado rematará esta peregrinaxe reivindicativa cunha gran manifestación polo mantemento dos postos de traballo de Ferroatlántica. Unha marcha que conta con cada vez máis apoios. Estes días todos os grupos da oposición están amosando o seu apoio para intentar convencer ao goberno da Xunta que evite a segregación de actividades da empresa Ferroatlántica. De feito, teñen feito algún quilómetro Mini e Ana Pontón por parte do BNG; Antón Sánchez de En Marea e Loli Toja e Margot Lamela por parte PSOE. Xunto con eles, os alcaldes de Mazaricos e Dumbría son os máis implicados, mentres que os de Negreira e Ames están a colaborar tamén activamente permitindo que os “peregrinos reivindicativos” poidan durmir nos pavillóns.
É tal o nivel de apoios que onte toparon coa verbena nicrariense na que o mesmo Combo Dominicano sacou a pancarta de apoio aos traballadores.
A serpe reivindicativa en marcha polas estradas da provincia cara Compostela
A CIG exixe unha negativa inmediata da Xunta
O portavoz nacional da CIG, Paulo Carril, é outro dos que ten percorrido máis quilómetros. Unha CIG volcada contra a segregación das actividades de ferroaleación e hidroeléctricas, pola defensa dos nosos recursos naturais e polo mantemento do emprego na comarca da Costa da Morte. Carril esixe da Xunta de Galiza unha negativa inmediata ás pretensións de Villar Mir. “Canto máis tarde a Xunta en dar unha resposta negativa á solicitude da empresa máis está amparando unha venda que é ilegal, inxusta e que consuma un intento de espolio dos nosos recursos naturais”, sinalou. O secretario xeral da CIG, que fixo un chamamento a participar masivamente na manifestación convocada para este sábado en Compostela, considerou que “a única garantía de emprego presente e futura pasa por manter a situación de non venda, non segregación e mantemento da vinculación das ferroaleacións coas concesións hidroeléctricas”.En Marea
https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/2012264002330495/ O deputado Antón Sánchez acompañou a expedición durante a segunda xornada de peregrinaxe. Antón recordou a realidade de “interese público” da causa e lamentou que “o xogo que Villar Mir se trae coas cetrais e a ferroaleación non é de agora, sempre foron utilizadas para as comenencias financeiras do ex ministro”.O PSOE
A voceira socialista ceense Margot Lamela e a deputada laxense Loli Toja participan na xornada de venres, para intentar “evitar o espolio dos nosos recursos naturais”. Por iso únense á “loita contra segregación das centráis hidroeléctricas das fábricas de Cee e Dumbria, e piden mobilización por parte da cidadanía de cara a este sábado.BNG
Para Ana Pontón, todo o que rodea ao intento da multinacional de “facer caixa” coas centrais dos ríos Xallas e Grande é “unha páxina negra” que espera que a Costa da Morte poida deixar atrás canto antes. “Todo o que rodea a este expediente, todo o que rode a esta operación só pode ser cualificado como unha páxina negra que hai que pasar, porque os recursos naturais de Galiza non poden estar ao servizo de que un empresario madrileño, -imputado por suposto financiamento ilegal do PP e investigado na operación Lezo-, pretenda facer caixa cos recursos deste país”, sinala Pontón. Así llo explicou Mini a varios peregrinos franceses que se atoparon polo Camiño. Mini explicando a uns franceses o Caso FerroatlánticaAutobuses a Compostela
Para a cita do sábado os Concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Zas, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía e Vimianzo están xestionando autobuses. Poden anotarse antes do 6 no 649 09 87 81. O Comité ten 5 buses fletados, e 3 o Concello de Cee, e cada un dos concellos fletará os que sexa necesario. En todo caso tamén haberá moita xente que vaia en coches particulares. “Cremos que vai haber moita xente na Alameda”, recoñecen dende o Comité.Novas do #CasoFerroatlántica
- 05-07-17: 75 traballadores de Ferroatlántica arrincaron a marcha reivindicativa a pé cara Compostela.
- 03-07-17: O Comité de Ferroatlántica insiste en que a solución ten que ser política.
- 29-07-17: O comité de empresa cre que é unha falta de respecto que Arteixo apoie o plan industrial de Ferroatlántica.
- 23-06-17: O Comité de Ferroatlántica presenta as alegacións á solicitude de segregación e venda
- 13-06-17: O BNG da Costa da Morte pide explicacións polas declaracións do alcalde Cabana sobre o caso Ferroatlántica.
- 12-06-17: Traballadores e traballadoras de Ferrotlántica emprenden unha marcha a pé dende Cee ata Santiago de Compostela
- 31-05-17: 8 de xullo, data da nova manifestación en Santiago contra a segregación de Ferroatlántica
- 26-05-17: A Deputación móllase por Ferroatlántica e polo galego
- 24-05-17: Ferroatlántica tamén presenta no BORME a segregación das centrais ante o silencio de Feijóo
- 22-05-17: En Marea cuantifica os beneficios que as centrais costeiras lle teñen xerado a Ferroatlántica.
- 19-05-16: Feijóo asegura ante os alcaldes da Costa da Morte que se cumprirá a lei no caso Ferroatlántica.
- 18-05-17: En Marea e BNG piden a comparecencia urxente do Comité de Ferroatlántica no Parlamento
- 17-05-17: A dirección de Ferroatlántica nega crédito horario a dous membros do Comité.
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-05-17: O BNG propón que os traballadores de Ferroatlántica expliquen as súa posición no Parlamento.
- 15-05-17: O Conselleiro de Industria recibirá este martes ao Comité de Ferroatlántica
- 12-05-17: O Comité de Ferroatlántica pide unha nova reunión coa Xunta e anuncia que volverá ás rúas.
- 12-05-17: Os socialistas esíxenlle á Xunta que impida a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 11-05-17: Ferroatlántica solicita a Augas de Galicia a segregación das actividades das fábricas de Cee e Dumbría.
- 11-05-17: O BNG reclámalle ao conselleiro de Industria unha reunión urxente cos traballodores de Ferroatlántica
- 07-05-17: Traballadores de Ferroatlántica visitan o #TramaBUS de Podemos
- 02-05-17: A precariedade e os postos de traballo de Ferroatlántica, protagonistas no Día do Traballo
- 30-04-17: A loita por Ferroatlántica centra a atención do Día do Traballador en Cee
- 16-04-17: A imputación de Villar Mir devolve o caso Ferroatlántica ao Parlamento
- 24-04-17: O BNG presiona a Feijóo para que paralice a venta das centrais de Ferroatlántica.
- 19-04-17: Malestar no Comité despois de que o director de Ferroatlántica responsabilizase aos traballadores do accidente
- 18-04-17: Tres traballadores de Ferroatlántica resultan feridos depois de incenciarse un forno na fábrica de Brens
- 05-04-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica reitera que non acudirá á reunión de hoxe convocada pola dirección
- 04-04-17: A CIG non asistirá á reunión convocada por Ferroatlántica por considerar que busca lexitimar a vendas das centrais
- 28-03-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica ve nas ameazas do presidente a “desesperación” da venta das centrais
- 24-03-17: O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais
- 17-03-17: O BNG pide que o goberno galego non acepte as “chantaxes” de Ferroatlántica.
- 14-03-17: O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias
- 11-03-17: Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica.
- 10-03-17: Día de folga e manifestación por Ferroatlántica.
- 08-03-17: Un informe xurídico elaborado pola UDC avala que as actividades de Ferroatlántica non se poden segregar.
- 07-03-17: O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga.
- 06-03-17: Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga.
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento.
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.