Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A torreira do Vilán e a Asociación Íntegro recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán

Cristina Fdez. a torreira do Vilán
A torreira do Vilán e a Asociación Íntegro recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán

Terán que agardar á entrega, que se celebrará o vindeiro 16 de setembro, pero dúas das Medallas Emilia Pardo Bazán que vai entregar este ano a Xunta son para a Costa da Morte.

A primeira fareira de Galicia e segunda de España, Cristina Fernández, é unha as recoñecidas. A Asociación Íntegro, a outra, nesta 4ª edición duns premios que recoñece o labor para construír unha sociedade máis equitativa baseada nos principios de igualdade de oportunidades, xustiza e solidariedade.

A torreira leva 48 anos exercendo no Faro Vilán, o primeiro que funcionou con luz eléctrica en todo o Estado. Fernández é fareira desde 1977 tras aprobar en 1972 a primeira oposición na que puideron tomar parte as mulleres.

A asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños foi escollida polo seu traballo con mulleres con discapacidade en favor da inclusión social e a igualdade. A entidade conta trinta anos de traxectoria e dispón dun centro de día e outrode carácter ocupacional. A misión que desenvolve na Costa da Morte destaca polo seu compromiso social, a igualdade, a defensa dos dereitos, a participación social ou a mellora continua, entre outros valores.

Comentarios