Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As traballadoras do SAF de Muxía lamentan seguir sen cobrar polo "encabuxamento" do alcalde

Traballadoras do SAF Muxia en loita
Traballadoras do SAF Muxía o pasado martes ás portas do Concello
As traballadoras do SAF de Muxía lamentan seguir sen cobrar polo "encabuxamento" do alcalde

Seguen sen cobrar o mes de decembro. E iso que no pleno do pasado martes se aprobou unha modificación de crédito (gracias á abstención da oposición), para que o Concello lle pague as facturas atrasadas á empresa concesioaria. Aínda así, e coa viaxe de Fitur polo medio, 6 días despois, as 16 traballadoras do Servizo do Fogar de Muxía seguen sen cobrar, denuncian, polo “encabuxamento” do alcalde. “É como un neno pequeno”, lamentan as traballadoras.

Levan ano e medio de protestas por uns retrasos que viviron o seu momento máis tenso en en outubro, cando estiveron ara 3 meses sen cobrar. Esta semana está sendo moi tensa, despois dese pleno no que as traballadoras denunciaron que o rexedor, Iago Toba lles “pechou a porta nos fuciños” despois de chamar “hipócrita” á representante sindical. Tiveron que saír todas as súas compañeiras a amosar o seu apoio á representante, para que siga á fronte dunhas máis xustas reivindicacións, que non van máis alá de cobrar a tempo.

Mentres, seguen traballando cada día, intentando levar o sorriso posto a cada casa. “Non nos queda outra, porque sabemos que se hai folga, as perxudicadas son as persoas usuarias e tampouco queremos iso”. Saben que teñen o apoio da veciñanza, como así llo trasladan na meirande parte das casas que visitan, agás nalgunha vinculada co grupo de goberno, demostrando que isto da política local parécese máis a un partido de fútbol que a outra cousa.

Elas defenden o seu traballo, percorrendo “fogares cos seus propios vehículos, facendo esforzos físicos coas mobilizacións, fan de psicólogas, cociñeiras, limpadoras , enfermeiras... atendendo todas as necesidades , deixando os seus propios problemas na casa e atendendo aos dos demais, acaban con secuelas físicas moitas veces irreversibles”.

"A única realidade é que as traballadoras do SAF de Muxía reiteradamente padecen atrasos no cobro dos seus salarios pola mala xestión do Goberno municipal", sinalan dende a CIG. "Por iso, a CIG reclámalle ao alcalde de Muxía que deixe de ameazar, que acredite se a adxudicataria está mentindo ou non sobre a existencia dese novo acordo, de non haber tal acordo que busque unha empresa con solvencia económica para afrontar os pagos e, sobre todo, que dea unha solución definitiva, xa que esa é a súa responsabilidade política". "As traballadoras están fartas desta situación que se perpetúa no tempo", reitera o secretario da Unión Local da CIG de Cee, Xabier Santos, que subliña que Servizo de Axuda no Fogar "é un servizo máis que presta o concello de Muxía, como calquera outro de xestión directa, e as traballadoras que o realizan teñen exactamente o mesmo de dereito a recibir os seus salarios que calquera outra persoa traballadora do Concello e mesmo que o propio alcalde".

Mentres, o alcalde Iago Toba continúa facendo a súa política a través das redes socias:

Este foi o comunicado que mandan as traballadoras hoxe mesmo:

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios