martes. 03.06.2025
El tiempo

Un berro para limpar o Museo de Man e o Cemiterio dos Ingleses

Un berro para limpar o Museo de Man e o Cemiterio dos Ingleses
Museo de Man en xaneiro con Mar de Fabula-Foto-Carmen Garcia Suarez

Xa estas semanas a varias xornadas de limpeza de areais. Tempo de crebas na primavera, para recoller todo o lixo que o mar devolve ás costas. Hoxe unha entidade de Arteixo, Mar de Fábula, focaliza a atención en dous puntos tremendamente simbólicos do Concello de Camariñas, deixados de man, que están xerando unha imaxe tremendamente negativa aos visitantes.

Esta entidade, que ten como obxectivo o estudo, minimización e reutilización artística dos vertidos plásticos nas praias da Costa da Morte, quere facer un chamamento público para limpar o Museo de Man e o Cemiterio dos Ingleses. Se ben é certo que o Museo de Man necesita máis que unha man de limpeza, unha das áreas máis afectadas por esta “invasión” de refugallos procedentes da mar a raíz dos temporais, teñen sido os areais e coídos da Costa da Morte.

Dúas limpezas o sábado 5 e o 12

Así, a asociación Mar de Fábula, xunto coas asociacións de veciños de Camelle, e coa colaboración do Concello de Camariñas, van a proceder o próximo sábado día 5 de abril ás 10:00 horas á limpeza do Museo do Alemán. Os traballos de limpeza comenzarán no coído que rodea o museo. Unha vez rematada esta fase, unha representación dos veciños e da asociación pasarán ao interior do propio museo para levar a cabo unha limpeza coidadosa, retirando os plásticos e refugallos sólidos alleos aos elementos constructivos que conforman o legado de Man.

Así mesmo, o vindeiro sábado día 12 de abril, pola tarde, a Asociación “Mar de Fábula”, xunto coas asociacións de veciños de Arou e Camelle, e coa colaboración una vez máis do Concello de Camariñas, limparán o Cemiterio dos Ingleses e a súa contorna.

Por iso, dende Mar de Fábula fan un chamamento a todas as persoas con inquedanzas na defensa e conservación da nosa natureza a participar nestes dous actos.

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios