Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Un día de convivencia entre os alumnos de Camariñas e os de Aspadex

Un día de convivencia entre os alumnos de Camariñas e os de Aspadex

Fermosa iniciativa de Aspadex de facer sesións para compartir experiencias entre os seus usuarios e os alumnos dos centros da zona. Desta volta foron alumnos de Camariñas os que se achegaron polas instalacións de Aspadex en Toba, Cee, para celebrar un día compartindo experiencias.

Os mozos do colexio puideron ver o traballo que realizan as persoas con discapacidade no Centro, compartindo cara a cara e de tia ti con eles unha xornada de traballo.
A xornada foi moi agradable e divertida, tanto para os nenos que puideron comprobar in situ as capacidades laborais das persoas con discapacidade, como para os usuarios de ASPADEX, que puideron dar a coñecer o seu traballo, e ata ensinar a outras persoas.

A xornada empezou coa participación dos alumnos do colexio nos distintos talleres do centro nos que os propios usuarios de Aspadex facían de mestres: bolsas de papel, onde aprenderon a facer bolsas reciclando papel de xornal, packaging, pondo luvas en bolsas, esparadrapo en caixas... Tamén estiveron facendo cadernos, traballando o coiro no taller de encadernación e aprendendo a enmarcar láminas e fotografías así como aprendendo a plantar hortalizas nos invernadoiros.

Logo de participar nos talleres, organizáronse distintas actividades de lecer: parchís, petanca, damas, futbolín... na que participaron de forma conxunta os mozos e os usuarios de ASPADEX.

Na despedida non faltaron os agradecementos mutuos, por unha banda, desde o colexio e o concello de Camariñas agradeceron a boa acollida, e por outra banda, desde a Asociación, valorouse moi positivamente a iniciativa de cara á integración sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Aspadex.

Comentarios