Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A familia Aspadex disfrutou da súa festa do deporte

A familia Aspadex disfrutou da súa festa do deporte
Impresionante a festa do deporte de Aspadex. Preto de 200 persoas entre deportistas, adestradores e voluntarios participaron este pasado sábado 9 de abril nunha xornada deportiva e de convivencia, desenvolvendose a competición con gran deportividade. O ambiente nas bancadas nos Municipais de Cee e Bres foi excepcional, de xeito que o desenvolvemento desta 1ª Xornada da Liga Provincial Interclubes da provincia da Coruña para persoas con discapacidade intelectual, na modalidade de fútbol sala, foi todo un éxito. Non só houbo fútbol, senón que paralelamente, os participantes poideron disfrutar de distintos obradoiros de ocio. I é que o importante é participar e encontrarse cos outros, e nestas citas teñen especial relevancia os momentos de encontro e convivencia entre os participantes.

Participantes

A Xornada do estivo organizada pola ASOCIACION ASPADEX de Cee, e participaron : Asociación ASPROMOR (Ortigueira), Asociación APADER (Cedeira), Asociación CHAMORRO (Narón), Asociación ASPADISOL (Oleiros), Asociación ADCOR (Coruña), Asociación ASPRONAGA (Coruña), Asociación ASPABER (Carballo), Asociación AMIPA (Padrón) e Asociación ASPAMITE (Teo). Dende ASPADEX, queren agradecer a colaboración do Concello de Cee , BEGANO, S.A., e especialmentes os voluntari@s que contribuiron o éxito da xornada.

Resultados

Breve historia da Liga Provincial

A Liga Interclubes da provincia da Coruña para persoas con discapacidade intelectual,iniciouse no ano 1993 logo dun intenso traballo previo, con escasas referencias de experiencias en España, pero con moitas expectativas e ilusión por parte de tódalas persoas implicadas. Sinalar que as Xornadas Deportivas que se desenvolven no marco da LIGA PROVINCIAL, posúen unha serie de caracteristicas especiais e diferenciadoras coma que se trata dun Deporte para todos e todas: no que participan deportistas con discapacidade intelectual con moi diferentes niveis de autonomía persoal e social, e con distintas necesidades de apoio para o desenvolvemento da vida diaria.

Vindeira cita

A seguinte xornada de Futbol Sala terá lugar en Carballo no mes de novembro, e será organizada pola Asociación ASPABER de Carballo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Responsable Deportes de Aspadex, Socorro Insua Gómez.

Comentarios