Unha #AxendadasLetras para disfrutar o Día da Cultura Galega

17:35 16/05/16
Tempo de cultural, tempo de Galicia. O Día das Letras Galegas pasa por ser un dos días con máis actividades culturais de todo o ano. Practicamente todos os concellos teñen actividades arredor da data e do persoeiro homenaxeado este curso, Manuel María, destacando o punto clave da pequena aldea do Couto, esa pequena aldea que focaliza atención de toda Galicia.
Aquí vos deixamos esta #AxendadasLetras2016, esperando ademais que o 2017 sexa o ano de Xosé Agrelo.
Sen dúbida a cita máis salientable destes días é o Festiletras da Fundación Eduardo Pondal. Ese sabroso e variado menú cultural que convirte a aldea do Couto co epicentro cultural de Galicia. Xa entregaron os premios Bos e Xenerosos e aínda quedan moitos días ata o peche, que será o vindeiro domingo 22 de maio.
Polo de pronto, este martes 17 comezará cos certames de poesía e teatro infantís, unha sesión vrmú con degustación da música e gastronomía, e a cita cun dos grandes contadores de Galicia, Quico Cadaval.
Persoeiros de Carballo representan a campaña G en ti
Fermosa a campaña das Letras Galegas de Carballo, con ese G en ti, aproveitando persoeiros relevantes da sociedade bergantiñá. Así o dicía Manuel María:
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!”
O completísimo programa das Letras carballés continúa este martes 17 cun día sen parada. E ollo, que ata maio non pararán as actividades.
O programa carnotán irá pensado para as crianzas, e por iso vai enfocado através do programa Apego. Así o programa "Que se vexa o Galego", que tamén ten lugar en Carballo, arrincou en Carnota cun obradoiro de contos en galego.
O xoves, 19 de maio, ás 17:30 h, o salón de actos do Concello acollerá o obradoiro Prende no colo, no que as familias con nenos/as de 0 a 3 anos aprenderán xogos de dedos, cantos de berce, cantigas e recitados, con música ao vivo interpretada polos Luís Prego e Samuel Soto. Ambas as actividades son de balde, mais as prazas son limitadas, polo que é preciso realizar unha inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística.
Ademais,os centros educativos do municipio e baixo a dirección desinteresada do artista local Nando Lestón, ao longo do mes de maio o Concello de Carnota realizará na área recreativa de Lombáns un mural reivindicativo do idioma, que conxugará imaxe e palabra. Os peques inmortalizarán palabras senlleiras no mural durante os días 24, 25 e 26 de maio, para reivindicar e visibilizar a lingua galega e a súa riqueza expresiva, así como valorar a contorna e contribuír á humanización e embelecemento dos nosos espazos públicos.
Moitas actividades, centradas nos máis pequenos, en Cee. Non hai máis que ver aos peques das scolas unitarias de Pereiriña e Brens disfrutando co conto O bigote de Mimí, de Manuel María, contado pola responsable do Servizo de Normalización. Eles e todos poden acordir á exposición bibliográfica sobre Manuel María e que se poderá visitar ata o día 30.
O propio día das Letras Galegas, o 17 de maio, a Banda de Música de Cee ofrecerá un concerto ás 19 horas no auditorio “Baldomero Cores” da casa da Cultura.
Pero a vila da Xunqueira ten moitas cousas, como a entrega de premios dos Certamas de Achegamento á Cultura da Biblioteca Municipal de Cee será o mércores 18 de maio ás 18.00 horas no Auditorio “Baldomero Cores” da Casa da Cultura do Concello de Cee.
Os alumnos e alumnas de educación infantil, asistirán o xoves 19 de maio ás 11 horas ao espectáculo “Barriga Verde e o Muíño da Néboa” a cargo de Títeres Cascanueces. E os de primeiro e segundo de primaria verán a obra “Catalina Lino Lina” a cargo de GlupGlup Teatro. Ao día seguinte, o 24 de maio, os rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria asistirán ao espectáculo de maxia e humor “Entre libros anda a maxia” a cargo de Leo Leíño.
Ademais,o s próximos 18, 19 e 20 o IES Agra Raíces celebra a súa denominada semana cultural que consiste en varios días seguidos de actividades complementarias e extraescolares para todo o alumnado. Desenvólvense todo tipo de actividades organizadas pola vicedirección do centro a cargo da profesora Ana Belén Burgos en colaboración co resto do equipo directivo e dos departamentos didácticos. Visitarán o centr desinteresadamente moitas entidades ou persoas particulares como médicos, mecánicos, redeiras.... que aportan toda a súa sabiduría para compartir cos alumnos.
E tamén haberá cita literaria. A libraría Ler de Cee acolle este mércores, ás 19:30, a presentación do libro “Será Correcto?”, realizado por Concha Blanco e María Canosa. Nai e filla nunca escribiran nada conxuntamente e este traballo, publicado por Hércules de Edicións en galego e castelán, é unha guía de protocolo para nenos e maiores na que se aborda como resolver un sinfín de cuestións no día a día.
Cultura e pan en Fisterra
Quedan na vila do Cristo un par actividades arredor das citas coas Letras Galegas. Este martes 17, ás 12:30h, Etel&pan artellan na praza da Constitución unha lectura de poemas de Carlos Abeledo Maristani, e a presentación de viños do Ribeiro.
Ademais, pola tarde, ás 19:30h, o Salón de Actos do Concello recibe a visita dos Títeres Alakran e os seus “Soños na gaiola”.
Estreado o Fondo Lugrís coa exposición “O Desexo”, aberta ata o 12 de xuño, o programa das Letras malpicán ten tamén aberto ata 31 de maio unha exposición Manuel María, na Biblioteca Eduardo Blanco Amor no 2º andar do Centro Cívico de Malpica.
Hai tamén contos para os pequenos. O venres 20 de maio será o “Babacontos” de Manuel María de Larraitz Urruzola (Urdime) o que arrinca os sorrisos dos peques cos contos e poemas de Manuel María. Ás 18.00 h. na Biblioteca Eduardo Blanco Amor do Centro Cívico.
E o sábado 21 de maio, toca a presentación da publicación “E caín”, de Paco Souto, ás 20.00 h. na Aula Circular. Ademais, unha das citas máis esperadas do ano, a presentación do XI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”, será o luns 23 de maio ás 12.00h no Centro Cívico de Malpica, organizada pola A.C. Caldeirón.
O Teatro do Auditorio da Casa de Cultura da Picota acolle este martes ás 17:00 da tarde a interpretación da mítica “Memorias dun neno labrego” da man dun dos grandes galegos, Cándido Pazó.
Ademais, o domingo 22 haberá Festival das Letras Galegas, cun recital de poesía, teatro e música. E para rematar o programa, o domingo 29 de maio, presentación do libro Os Fillos da Fame, do poeta mazaricán Ismael Ramos.
Xa feita a petición formal para que Xosé Agrelo sexa o homenaxeado nas Letras Galegas 2017, Esteiro prepara un acto emotivo ás 13:30 deste 17 de maio no busto de Agrelo na Alameda.
Ademais, o martes ás 21:30h, Aquelando Teatro presenta "No día a día”, no Centro Cultural e Xuvenil.
Festiletras en Ponteceso

G en ti en Carballo


Que se vexa o galego en Carnota

Certame camariñán
Por Camariñas, o día das Letras Galegas terá a entrega de Premios do Certame Literario, ás 12:00h na Casa de Pedra, seguido da actuación musico-infantil de Os Trs Tenedores cos seus Petiscos musicais. Despois haberá pasarrúas a cargo da Escola de Música Municipal Tradicional, e xa pola tarde, a Praza da Insuela acollerá unha Xornada de Arte dedicada a Manuel María, dirixida aos rapaces de infantil a bacharelato.Exposición e Andaina en Dumbría
Do 16 ao 21 de maio, na Semana das Letras, están abertas sendas exposicións sobre Manuel María nas Bibliotecas do Concello. Ademais, os que queirades andar e disfrutar da natureza, podedes aproveitar apuntarvos á Andaina Coñece a Costa da Morte por Dumbría.Os pequenos, protagonistas en Cee



Cultura e pan en Fisterra![Letras Galegas en Etel and Pan]()
Quedan na vila do Cristo un par actividades arredor das citas coas Letras Galegas. Este martes 17, ás 12:30h, Etel&pan artellan na praza da Constitución unha lectura de poemas de Carlos Abeledo Maristani, e a presentación de viños do Ribeiro.
Ademais, pola tarde, ás 19:30h, o Salón de Actos do Concello recibe a visita dos Títeres Alakran e os seus “Soños na gaiola”.
De exposicións en Malpica

Completo programa en Mazaricos

Esteiro xa pensa no 2017

En Vimianzo
Completa foi a fin de semana por Vimianzo, cun espectacular Trubisletras, no que medio concello participou. Ademais da exposición sobre Manuel María - autor homenaxeado - que alberga a biblioteca municipal e do obradoiro artístico infantil "Coñece a Manuel María”, os membros das asociacións culturais fixeorn un espectáculo de danzas ancestrais mesturadas co baile de sempre. Aínda queda unha cita, e o lugar de Pasarela será o escenario da "Festa das Letras" que terá lugar o martes, 17 de maio, ás 17 horas. A actividade está organizada pola asocación de veciños de Pasarela - AsVePa -.Letras teatreiras en Zas
Quedan dúas obras de teatro para pechar o programa zaense. O 21 de maio remaa a I Mostra de Teatro Afeccionado no Auditorio de Baio (ás 21:00h) coa obra Pánico, das Farandoleiras Cabaré de Oleiros. Ademais, o venres 19 Malasombra Teatro trae o seu Go On! para o alumnado do IES Maximino Romerio de Baio. E por último, a compañía Trinke Trinke estará de novo o 24 de maio ás 18 horas na Axencia de Lectura de Baio.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).