Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Unha gaita camariñá resoa en Londres

Unha gaita camariñá resoa en Londres
O camarinan David Carril Castineira tocando a gaita en Londres

Xa falamos no seu día dun camariñán de altos sopros, Carlos Barcia Trashorras. Hoxe facemos o propio pero marchamos dende Camariñas ata Londres, e o facemos da man do medio colaborador especializado en diáspora Cadernos de Comunicación e Análise:

David Carril Castiñeira cambiou o seu Camariñas natal pola cosmopolita Londres coa súa gaita ao ombro e na capital británica fíxose un pequeno oco na difusión do folclore galego. Ademais de ser alumno do profesor Brendan Mulkere no centro irlandés de Hammersmith, David Carril leva a música tradicional galega polos pubs ingleses e irlandeses da cidade e tamén colabora en ocasións con músicos do talle de Cassandre Balosso e co Centro Galego.

Nacido na parroquia de Xaviña do municipio de Camariñas, David Carril comezou moi precoz no mundo da gaita ingresando con tan só cinco anos na Banda Municipal. Só estivo dous anos nesta agrupación que desapareceu debido á tráxica morte do profesor de música.

Pouco tempo despois ingresou no grupo ‘Airiños do Vilñan’, da súa aldea natal, sendo o seu profesor o famoso artesán J. R., tamén da parroquia de Xaviña pero afincado en Carballo e dono do taller que fabrica instrumentos para grupos de prestixio como ‘Luar na lubre’ ou ‘Mago de Oz’.

Canto estes proxectos foron desparecendo optou por matricularse coa asociación cultural ‘Carcaxía’ nas clases que daba o profesor Suso Moreira no Centro Cívico de Malpica. Moreira é un alumno avantaxado do gaiteiro e líder do grupo ‘Luar na lubre’, Bieito Romero. Tamén é acordeonista do grupo ‘Leilía’ e integrante de varios conxuntos de folk como ‘Media ducia’ ou ‘Farrapos de ghaita’.

Así mesmo, Carril impulsou a creación do actual grupo de gaitas do seu pobo grazas á colaboración da asociación cultural ‘Abrindo rejo’ e á orientación do profesor Suso Moreira. Tamén axudo a crear o orfeón ‘ Os Panchos do Jolfendro’ en Camariñas, formado por unha coral, gaitas, acordeóns e percusión.

David Carril Castineira tocando a gaita nun par de Londres-Foto-Susana Malleiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios