"Vai cambiar moito a imaxe da Casa de Man"

07:55 25/11/17


Un tirón infinito… para os de fóra
Falamos con Balbuena, natural das Rías Baixas, do tirón turístico que segue tendo a nivel internacional a Casa de Man. “Si que ten tirón, si. Eu xa o sabía porque levo ligado á figura de Man bastante tempo, porque fixemos un vaciado da súa obra que hai no fixeramos e mais o positivado para o Museo hai 10 anos. Pero estes días estou comprobando que todos os días vén alomenos unha ducia de persoas, e son moitos os días que chegan autobuses de colexios ou de excursións de todas partes de España”. O que tamén percibe Balbuena é que o interese dos veciños “é máis por curiosidade sobre como vívía en plan ermitaño, sen auga, sen luz… que por recoñecelo como artista. Moita xente pensa que era só un anacoreta pero non un artista. Creo que nos fai moita falta achegarnos ao Museo e ver todas as súas obras, e a profundidade de cada técnica para ver o artista impresiontante que era”, destaca. “Aínda para min, que xa o coñecía, fun mirar outras obras e quedei alucinado”. Balbuena recoñece que para o Museo tivese aproveitado un edificio de pedra (un dos poucos que quedan no porto), utilizado no seu día para o secado de congro ou salazón, e do que só se manteñen as dúas fachadas, para realizar o museo. Pero en todo caso cre que é un bo edificio, e que a verdade non rompe a estética habitual da vila, sempre relacionada co feismo típico galego. Cre, iso si, que ten alguén erro técnico, como eses ventanais tan grandes que deixan pasar demasiada luz para ver as proxeccións ou para ter a intimidade necesaria para bucear nas obras, detalle que seguramente tivo que ver con que o edificio no fose concebido dende a base como Museo.
Novas relacionadas
- Novembro 17:#15anosdoPrestige: “É mellor pensar foi unha película que se rodou aquí”.
- Abril 17: A USC e o concello de Camariñas únense para estudar o legado documental de Man.
- Novembro 16: Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle.
- Xaneiro 2016: Camariñas poderá rehabilitar a Casa de Man de Camelle.
- Xuño 2015: Un Museo para as libretas de Man.
- Abril 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Maio 2015: Obradoiros MAN: O crebeiro artista.
- Maio 2015: Obradoiros Mar, Arte e Natureza para recuperar a base de creatividade o legado de Man.
- Abrio 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Decembro 2014: Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación.
- Decembro 2011: Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Setembro 2011: Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Lorena en Verde: Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).