Venres. 25.09.2020
El tiempo

Víctor Vigo, o mellor deportista da historia de Camariñas, xa ten o seu pavillón

A alcaldesa Sandra Insua e Victor Vigo no Pavillon que xa leva o seu nome
A alcaldesa Sandra Insua e Victor Vigo no Pavillon que xa leva o seu nome
Víctor Vigo, o mellor deportista da historia de Camariñas, xa ten o seu pavillón

Fermosa homenaxe a que recibiu esta fin de semana o Víctor Vigo. O Concello de Camariñas bautizou o pavillón municipal co seu nome cun acto guiado polo xornalista Terio Carrera. Despois dos pertinentes discursos disputouse un partido entre o ‘Equipo Víctor Vigo’ e o BM Camariñas e, para pechar o acto, as categorías base do club camariñán fixeron unha exhibición. 

Con esta iniciativa o goberno local recoñece a traxectoria deportiva de Víctor Vigo ao que a alcaldesa Sandra Insua calificou como “o deportista máis importante nado no Concello de Camariñas na súa historia. Levou por case toda Europa o nome do Concello que o viu nacer hai trinta e cinco anos, facendo de embaixador do mesmo, alá por onde xogou e residiu. Non só é unha referencia para o Concello de Camariñas, quizais tamén sexa uns dos deportistas máis destacados de toda a Costa da Morte, e se valorásemos a súa especialidade deportiva, o balonmán, sería o xogador masculino máis destacado da provincia e un dos xogadores galegos máis significativo de todos os tempos”.

Así, a partir de agora chamarase  ‘Pavillón Municipal Víctor Vigo’.


Foto de familia na inaguracion do Pavillón Víctor VigoAmbiente no Pavillón Víctor Vigo

comentarios