Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vinte alumnos do IES Pedra da Aguia participan na "English Week"

Vinte alumnos do IES Pedra da Aguia participan na "English Week"
inmersion-liguistica-peares Alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia participaron no programa de inmersión lingüística Un grupo de vinte alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Plurilingüe Pedra da Aguia participou a pasada semana na English Week; un programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia que se desenvolve no encoro de Os Peares. Durante unha semana, os alumnos conviviron con outros catro centros educativos galegos. Alí unicamente contaron con docentes nativos de fala inglesa, que lles fixeron utilizar esta lingua de forma continua como medio de comunicación. Os alumnos recibiron clases pola mañá, fixeron obradoiros pola tarde e divertironse de noite. Todo en inglés. O vindeiro mes de marzo viaxarán a Bruselas para visitar as institucións comunitarias. Novas relacionadas Fonte

Comentarios