Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os visitantes do Faro Vilán piden subir á lanterna

A Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas pecha o único faro aberto da comarca ata Semana Santa, e aproveita para facer unha análise do perfil de visitantes. 
Visita da Llighthouse Society ao Faro Vilan
Só algunha visita concertada como a da lighthouse Society puido subir á lanterna do Faro Vilán
Os visitantes do Faro Vilán piden subir á lanterna

Pechar as portas o Faro Vilán. O único Faro aberto da Costa da Morte, gracias ao compromiso da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, bota o peche ata a Semana Santa de 2024. E dende a entidade aproveitan para facer unha análise da cantidade e calidade dos visitantes que reciben, facéndolles unha pequena enquisa.

Así, durante o ano 2023, contando dende a apertura de Semana Santa, achegáronse ata o faro de Cabo Vilán 20.200 persoas.

Entre as ideas principais que se sacan das enquisas, é que a meirande parte dos visitantes pedirían poder subir á lanterna do faro. Un feito que dá que pensar ás entidades xestoras do turismo costeiro, que obrigaría a establecer un convenio con Portos para permitir estas visitas, que se poderían cobrar como acontece noutras zonas como a Bretaña Francesa.

Perfil

O perfil tipo do turista que nos visita é un español/a de entre 35 e 65 anos que viaxa en familia e por ocio que utiliza o coche como medio de transporte (o 87%, mentres que o 7% faino en autocaravana), alóxase en hotel de 2 a 4 días e coñeceu a Costa da Morte por recomendacións de amigos e coñecidos.

O que máis e o que menos

A paisaxe a a natureza seguen a ser os grandes atractivos da comarca, como o refrendan o 38% dos preguntados. Lonxe, co 15% están os Faros, e co 10% de aceptación a gastronomía. Os pobo, as praias e as xentes tamén están entre os escollidos.

O que menos lle gusta é o clima e o urbanismo, ademais do mal estado das estradas.

Como dato, o turista medio non usa códigos QR (só o 17% faino) nin aplicacións turísticas (só un 17% utilizan Apps Turísticas e delas a máis utilizada para a reserva de viaxes é Booking) pero si comparte a súa experiencia nas redes sociais, principalmente no Instagram.

Procedencia

O 86% dos visitantes son nacionais, dos cales o 35% son galegos, e a meirande parte dA Coruña, que representan o 54% dos visitantes que proceden de Galicia.

Entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid que son o 28% dos visitantes nacionais seguidos dos procedentes de Cataluña (14% ) e dos de Castela León (11%).

Se falamos dos visitantes estranxeiros (o 14% do total), destacan os procedentes de Italia 22%, seguidos dos de Francia 19% seguidos de Alemania 10%.

Aloxamento

O 50% viaxa en familia, e un 31% coa parella (só o 2% viaxa organizado),

Se ben o 27% dos turistas veñen a hoteis, un 20% faino a un piso ou casa alugada, e un 14% a unha casa de turismo rural, e só un 6% a camping.

Comentarios