Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os voluntarios de Mar de Fábula devolven ao seu estado natural 3 coídos de Camariñas

Limpeza en Camarinas de Mar de Fabula
Os voluntarios de Mar de Fábula devolven ao seu estado natural 3 coídos de Camariñas

Este pasado sábado, durante máis de dúas horas, 30 persoas entre veciños de Camariñas (coa alcaldesa e membros da antiga corporación) e 5 voluntarios chegados doutras partes da provincia, levaron adiante un descomunal traballo de esforzo físico e de valor ambiental, devolvendo ao seu estado de limpeza natural os coídos de Portocelo, o Pindo e os Boliños da Fortuna, tres recunchos da ribeira de Camariñas estreitamente vencellados á historia sentimental da vila.

Cara de satisfaccion despois de facer unha limpeza con Mar de Fabula
Cara de satisfacción que queda despois de facer unha limpeza con Mar de Fábula

O resultado da enorme colleita de lixo mariño que o mar devolveunos en bandexa nestos coídos, foi a seguinte:

  • Coído de Portocelo: 24 sacos grandes de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo máis uns 3 metros cúbicos de granel, incluíndo un enorme aparello de pesca perdido ao enganchar no fondo.
  • Coído do Pindo: 17 sacos grandes de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo máis uns 2 metros cúbicos de granel, incluíndo un neumático xigantesco inexplicablemente chegado á ribeira.
  • Coído dos Boliños da Fortuna: 13 sacos grandes cheos de lixo plástico misceláneo, incluíndo unha enorme cantidade de residuos de espuma de porexpan de todos os tamaños.

O antes e o despois da limpeza

Antes da limpeza de Mar de FabulaDespois da limpeza de Mar de Fabula no coido camarinas

Unha limpeza en dúas fases

Na segunda fase do proceso da limpeza, o tractor de concello levará, en polo menos dúas viaxes, este lixo mariño aos containers da granxa en Arou, onde nun longo proceso que levará o que resta de mes, Mar de Fábula procederá á súa identificación, cómputo e separación para reutilización e reciclaxe.

Comeza un novo ano pero as boas prácticas medioambientais desta pequena pero gran comunidade xerada ao beiro do mar de Camelle, seguen adiante. “Nesta década que comeza agora, cada día conta”, explica Xosé Manuel Barros.

Novas relacionadas

Comentarios