Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Volven as pantasmas das Noites dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses

Bernardino Martínez cóntanos como son as novas sesións da “Noite dos Naufraxios”
Noite de Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses
Volven as pantasmas das Noites dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses

O pasado 14 de agosto voltaron a saír de novo como cada ano dende o 2015, A señora Bell no monxa metodista que ía a Xibraltar a estar co seu home o reverendo Jhon Bell. Albert Jamrach ía na procura de animais para o zoo de Londres. Aquela meniña, que cousa máis bonita .- dirían as vellas de Santa Mariña ao contemplar o seu corpo espido e inerte cuberto pola longa cabeleira loira da rapaza de 14 anos acompañante da senora Bell, querendo deixar atrás unha vida de miseria e penurias. Aquel rapaz mariñeiro da terra de Camelle que traballaba nas compañías de salvamento instalada en Camelle 1898 que estableceu unha descendencia profesional ata hoxe, os famosos buzos de Camelle. Ese topónimo escorregadizo de “Costa da Morte” que figura por primeira vez nunha publicación escrita para falarnos de “tres buques náufragos”. Eugene Casale coa enfermidade roéndolle a memoria, aquela fotografía do seu avión aterrado na praia, os beizos lembraban as verbas expresadas en 1944: “Traba de Laxe, a praia máis bonita do mundo”. Os barcos das alegrías que convertían a costa nun escaparate dun grandes almacéns e de oferta: Laranxas, as 1600 toneladas do Banora. Coches, teas, champan, moito champan.

Estas pantasmas pululan cada ano polo Cemiterio dos Ingleses, aproveitando a noitiña e co concerto das mareas cóntannos as súa historias, e voltaron a facelo o 21 e 27 de Agosto, ás 23:00 horas neste mesmo lugar que é un cemiterio colectivo e da memoria.

  • Bernardino Martínez, da compañía Aantena

Cemiterio dos Ingleses de noite

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios