O Xadrez pechou unha gran Fenaucam
Este pasado sábado día 22 disputouse o I Torneo FENAUCAM en Camariñas, III proba de o IV Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña, que serviu ademais para pechar os actos da potente feira náutica camariñá.
Participaron un total de 46 xogadores que viñeron de Madrid, Lugo, Marín, Rianxo, Padrón, Santiago, Ames, Oroso, Pobra do Caramiñal, Ferrol, Coruña, Arteixo, Cerceda, Carballo, Val do Dubra, Zas e Camariñas.
Tralas 7 roldas disputadas os dous principais favoritos Pazos e Sánchez quedaron empatados na cabeza con 6 puntos, o desempate favoreceu de novo ao MF Pazos igual que a semana pasada en Mazaricos, as posiciónss finais foron 1º MF Antonio Pazos do Ferrolano, 2º MF Fernado Sánchez do Rianxo ambos con 6 puntos, 3º Eloy Sixto do Rianxo, 4º Walter López do Ferrolano e 5º Carlos Casares de Escola Luguesa con 5,5 puntos, 6º O meu Mariano Madrigaldel USC, 7º Alfonso López do Padrón, 8º Daniel González do Xiria Carballo, 9º Claudio Reboredo de ETX Coruña con 5 puntos, pechando os premiados da xeral foi 10º Juan Campos do Alcobendas Madrileño con 4,5 puntos.
Os premiados en categorías especiais foron 1º sub-2000 Manuel Arias do Clubexa, 1º sub-1600 Daniel Pousada do Clubexa, 1º sub-18 Martín Pena do Oroso, 1º veterano Juan Carlos Fontes do Froitas Fondo, 1ª feminina Emma Cernadas do Marquiño, 1º sub-16 Diego López do Padrón, 1º sub-14 David Cernadas do Marquiño, 1º sub-12 Hugo Domínguez do Millarengo, 1º sub-10 Xairo Rei do Rianxo, 1º sub-8 Roi Puga do Xiria Carballo, 2º local foi Jose Manuel Olveira e 1º local José Vázquez, houbo varios agasallos a sortear, a cesta cortesía de Froitas Fondo foi pra Juan Manuel Díaz do Irindo, 1 lote de conservas Aboiar para Daniel Fraga de Arteixo e outro para Julian Pasantes de Camariñas, un polo de o Náutico para Alejandro Gerpe de Camariñas e unha cazadora do Náutico para Nicolás Amado de Val do Dubra.