Martes. 17.09.2019
El tiempo

A Mostra do Encaixe tamén se viviu sobre o taboleiro de xadrez

A Mostra do Encaixe tamén se viviu sobre o taboleiro de xadrez

Moitas foron as caras da Mostra do Encaixe 2019. E unha delas, outra que fala en clave de relevo xeracional, foi o I Torneo de Xadrez Infantil da Mostra do Encaixe, organizado polo Club Náutico de Camariñas, coa dirección do Maestro FIDE e árbitro, Óscar de Prado Rodríguez, que ademais brindou aos pequenos xogadores cunha clase maxistral.

Participaron uns 40 rapaces e rapazas chegados dende Mos, Marín, Bertamiráns, Val do Dubra, Coruña, Arteixo, Carballo, Ponteceso, Mazaricos e de Coristanco ademais dos membros do Xadrez Náutico Camariñas, nas 4 categorías (Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14).

Equipo Xadrez Club Nautico Camarinas
Familia do Club Náutico Xadrez Camariñas

Os gañadores foron:

Categoría Sub-8
1º- Begoña Lage Fernández (Xadrez Mos)
2º- Noa López Freiria (Xadrez Marín)
3º- Rubén Troiteiro Arenas (CIDU)
1º local: Antón Vigo Alborés (Xadrez Náutico Camariñas)

Categoría Sub-10
1º- Nicolás Amado Fernández (Val do Dubra)
2º- Daniel Méndez Rey (Xadrez Arteixo)
3º- Darío Lema Cacheiro (Cabo Touriñan)
1º Local: Antón Campos Caramés (Xadrez Náutico Camariñas)

Categoría Sub 12
1º- Uxia Marrozos Loureiro (Xiria Carballo)
2º- Fabio Pasantes Caberta (Xadrez Náutico Camariñas)
3º- Cristián Lourido Liñeiro (Xadrez Náutico Camariñas)
1º Local: Lucas Villar Romar (Xadrez Náutico Camariñas)

Categoría Sub-14
1º- Hugo Domínguez Conde (Millarengo)
2º- Mario Mañana Pedreira (Xadrez Arteixo)
3º- Sergio Vilacoba Casal (Xiria Carballo)
1º Local: Álex Blanco López (Xadrez Náutico Camariñas)

Lara Dekker en Camariñas

Ademais, este sábado, 20 de abril, segundo poideron atestiguar socios do Club Náutico de Camariñas, recalou nas instalacións camariñán Laura Dekker, que en 2009 anunciou a súa intención de convertirse na persoa máis nova en circunnavegar o globo en solitario e completando con éxito a travesía chegando a Isla de San Martín o 21 de Xaneiro de 2012, nunha embarcación de 11,5 metros e de dous paus. Despois de dous días de estancia en Camariñas partio hacia o seu destino.

Comentarios