Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xaviña contará, por fin, cunha depuradora

XAVIÑA
Xaviña contará, por fin, cunha depuradora

Demanda histórica a que vén de cubrir o pleno deste venres en Camariñas. A parroquia de Xaviña contará cunha EDAR, aprobado como un dos proxectos enmarcados na segunda fase do Plan Único da Deputación da Coruña. Un punto aprobado por unanimidade, que necesitará o investimento de 583.931,56 euros para dar servizo a 250 veciñ@s.

Ademais, o pleno aprobou á mellora e humanización no lugar de Mourín e o arranxo das rúas Pías e Liñares, así como as súas transversais en Ponte do Porto.
”Trátase dun sistema óptimo e natural para a depuración das augas residuais procedentes de pequenos e medianos grupos de poboación, e supón un primeiro paso para, nun futuro, executar conseguintes conexións e dotar a novos núcleos de poboación dun servizo acorde ás necesidades actuais”, informan dende o goberno.

Noutros dos puntos a tratar no Pleno da corporación, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe total de 53.833,54 euros, cos votos a favor dos membros do goberno local, dúas abstencións do Partido Popular e unha do Bloque Nacionalista Galego.
Tamén houbo unanimidade na aprobación da Conta Xeral do exercicio 2020, que pon de manifesto a xestión realizada nos aspectos económicos, financeiro, patrimonial e orzamentario do Concello de Camariñas.

Comentarios