Martes. 19.03.2024
El tiempo

Xurxo M. Rodríguez Baña novo responsable comarcal do BNG

Executiva comarcal do BNG Costa da MOrte
Xurxo M. Rodríguez Baña novo responsable comarcal do BNG

O BNG da Costa da Morte celebrou esta fin de semana unha nova asemblea comarcal na que saíu elixido o novo consello comarcal de onde saíu escollido o novo responsable comarcal, Xurxo M. Rodríguez Baña de Camelle, Camariñas.

Tamén foi escollida a nova executiva comarcal, formada por Lorena Suárez, Xabier Santos, Belén Campos e Óscar Ínsua.

Xurxo M. Rodríguez Baña quere salientar a labor do responsable saínte, Serxio Dominguez, e quere deixar claro que "estamos fortes organizativamente e engraxados de cara a afrontar o traballo político e os problemas que atinxen a nosa comarca".

Comentarios