A Xustiza condena ao ex alcalde de Camariñas a 5 anos de inhabilitación pola trama dos seguros
08:02 10/11/21
Xa foi condenado a 4 anos de inhabiitación por unha contratación ilegal no seo do Concello. Pero aínda tiña outro caso pendente da Xustiza. E a sentenza do Xulgado da Coruña tamén é contrario aos intereses do ex alcalde socialista de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso “Pichurri”. O Xulgado vén de confirmar a súa culpabilidade como autor de delitos continuados de prevaricación administrativa pola trama dos seguros. Unha condena que o inhabilita para exercer ningún cargo público durante 5 anos, cunha multa de 4 meses e medio (que se suman aos 4 anos da anterior sentenza.
O Xulgado da Coruña considera probado que o rexedor se aproveitou do seu posto como rexedor para xestionar seguros vinculados co Concelllo, durante os anos 2007 a 2009 cobrando ademais comisións para a súa empresa Pichurri S.L., que exercía para Mapfre.
A sentenza, que parte dunha denuncia realizada en 2011, recorda que durante eses anos el mesmo adxudicaba algún contrato sen seguir os procedementos ordinarios.
Novas da trama dos seguros
- Febreiro 19: A Trama dos Seguros de Pichurri, segue adiante no Xulgado de Corcubión.
- Agosto 18: Pichurri presentou a súa dimisión.
- Agosto 18: Pichurri apelará ao Tribunal Supremo a súa ratificada inhabilitación.
- Maio 17: Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
- Abril 17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- Abril 17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.