Sábado. 12.10.2024
El tiempo

10 rescates e 288 persoas atendidas é o balance do servizo de socorrismo de Carballo

socorristas en Razo
socorristas en Razo
10 rescates e 288 persoas atendidas é o balance do servizo de socorrismo de Carballo

Ata que pasa, non nos decatamos do importante que o servizo de socorrismo nas praias nunha comarca como a nosa. E pasan cousas, vaia se pasan, como cuantifica o Concello de Carballo, que fai balance da actividade da unidade de salvamento acuático que rematou esta fin de semana o traballo nas praias.

Foron tres meses caracterizados pola inestabilidade meteorolóxica, xa que practicamente houbo tantos días despexados coma anubrados, pero non impediu a elevada afluencia de visitantes. E nos tres meses, contabilizáronse 10 salvamentos e 288 persoas atendidas nos postos de socorrismo, fundamentalmente por picaduras de escarapote e pequenas feridas. O ano pasado as carabelas portuguesas fixeron estragos, pero este verán chegaron a última hora e practicamente sen causar incidencias.

Un servizo necesario

É habitual que os concellos non cheguen a tempo e non sexan capaces de cubrir as prazas necesarias para cubrir os seus areais, e pesar das axudas das administracións superiores. Non é o caso de Carballo, que este ano, por primeira vez conseguíu cubrir as 32 prazas de socorristas convocadas.

O Concello valora tamén a boa acollida da bibliopraia A praia dos libros, que se instalou un ano máis en Razo ou o programa medioambiental Eu quero Razo-Baldaio. Ademais, este verán volveu ondear a bandeira azul nas praias de Baldaio-Saíñas, Pedra do Sal e Razo.

De cara á próxima temporada estival, a Concellaría de Medio Ambiente traballa xa nun proxecto de mellora da accesibilidade que incluirá a instalación dunha plataforma accesible na zona da explanada.

Comentarios