Martes. 17.09.2024
El tiempo

Os 2.6 millóns do Plan Único carballés

Comitiva provincial en Carballo
Os 2.6 millóns do Plan Único carballés

Recibía onte o Concello de Carballo a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que se reuniu co alcalde, Evencio Ferrero, e con parte da corporación municipal, e posteriormente visitaron a obra do tramo de aglomerado de Bolón (Sofán) a Vilardefrancos (Artes), financiada co Plan Único e a senda peonil Adaña-Rus, cuxa segunda fase, que aínda non comezou, tamén se executará con fondos da Deputación.

A deputada lembrou o meirande valor deste Plan, que "os Concellos son os que mellor coñecen a súa realidade e as necesidades dos veciños e veciñas”. 

O alcalde de Carballo, pola súa parte, sinalou o importante investimento realizado no concello grazas ao Plan Único e destacou moi especialmente a utilización de criterios obxectivos por parte da Deputación para o reparto dos fondos entre todos os concellos da provincia.

Carballo leva este ano un total de 2.602.343,27 € do Plan Único da Deputación para o financiamento de obras e servizos municipais. Cantidade que forma parte dos 8.917.364,27 € investidos na comarca de Bergantiños (Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, A Laracha, Ponteceso e Malpica) e dos 100,5 millóns repartidos entre os 93 concellos da provincia.

Comentarios