Martes. 30.04.2024
El tiempo

388 escolares arrincan nunha nova edición do programa “Aprende a través do surfing”

Baola imparte clases de surf no colexio A Cristina en Carballo
A empresa Boaola impartindo as primeiras sesións de surf no colexio A Cristina
388 escolares arrincan nunha nova edición do programa “Aprende a través do surfing”

Aprender surf na escola, achegándose ao mar, ao medioambiente, á integración social, protección da natureza, deporte e benestar, e todo grazas ao surf. Isto é posible a través do proxecto Aprende a través do surfing, promovido pola Federación Española de Surf coa colaboración do Concello de Carballo, e que nesta edición conta cunha participación inicial de 388 alumnos e alumnas de primeiro a sexto cursos de primaria dos colexios Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, A Cristina e Xesús San Luís Romero.

O programa arrincará mañá martes coas actividades nos centros formativos, que se desenvolverán co seguinte calendario: CEIP A Cristina, días 11, 12 e 13 de abril; Nétoma-Razo, 17 e 21 de abril; Gándara-Sofán, 18, 19 e 20 de abril, e San Luís Romero, 24 e 25 abril. Do 2 ao 26 de maio levaranse a cabo as actividades na praia.

Baola imparte clases de surf no colexio A Cristina en Carballo 2

Baola imparte clases de surf no colexio A Cristina en Carballo 3

Comentarios