4 bandas carballesas protagonizan un Concerto Solidario coas vítimas da DINA
09:30 26/12/24
Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico de grupos de rock locais
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello, no marco da Feira doce organizada pola Concellaría de Feiras e Mercados.
Nova demostración da solidariedade carballesa despois da participación de voluntariado de Protección Civil e dos medios técnicos e humanos da empresa do ciclo integral da auga nas tarefas de limpeza e restauración dos servizos públicos, ademais do envío de 23 palés de axuda humanitaria grazas á colaboración masiva da veciñanza e dunha empresa de transporte local.