5 artistas carballeses enchen o Pazo da Cultura

10:05 15/06/24
Este xoves tivo lugar Pazo da Cultura de Carballo a inauguración dunha nova exposición colectiva de artistas carballeses. A mostra “A L’image de la vie”, o Montanacos Vol.2”, de Milagros Cotelo, Maribel Castiñeira (XMÑ), Josecho González, Isabel Soutillo e Mon Lendoiro, foi presentada e estará visitable ata o 31 de xullo.
A rebentear estaba o salón para gozar da actuación da performance video/musical de Jesús Artéxtasis e a soprano Susana de Lorenzo, cantando dúas arias acompañada por dous vídeos performance.
