Sábado. 27.04.2024
El tiempo

#8M: Libros, obradoiros e unha charla con Vázquez Taín en Carballo

Carballo 8m dia_muller
Presentación do programa do 8M en Carballo
#8M: Libros, obradoiros e unha charla con Vázquez Taín en Carballo

Este martes é 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. E toda a comarca vólcase ca data, como o fai o Concello de Carballo, que artella un programa completo animando á veciñanza a participar. Presentábano varias responsables municipais o pasado venres na Praza Xela Arias, coincidindo co 60º aniversario do nacemento da autora e convertíndoa en “símbolo do traballo pola igualdade que estamos a facer no Concello de Carballo, e hoxe”.

O Concello mobilizou ao comercio, que loce o “E ti en que punto estás?” da campaña deste ano, convertindo “o noso comercio é un escaparate xigantesco de igualdade”.

Pero a idea é chegar a toda a cidadanía, comezeando polos máis pequenos, a través dun caderno de pasatempos “A píllara”, do que distribuíron no verán unha primeira edición con contidos relacionados co noso concello, e que volve agora cunha edición específica sobre muller e igualdade para traballar nos institutos de secundaria.

E, por supostos están as actividades, perfectamente compatibles coa concentración convocada polo Círculo Feminista de Carballo.

arrincou o programa na Biblio Rego da Balsa coa presentación do libro “O sarcoma día a día”, con Carolina Castiñeiras e Iara Mantiñán.

O mesmo martes 8 de marzo, de 18.00 a 19.00 horas, na Praza do Concello (se chove, no Mercado Municipal), haberá obradoiros para a cativada. Paralelamente desenvolverase un Obradoiro de símbolos, con globos 100% biodegradables que decorarán e cos que construirán entre todos/as os/as participantes un símbolo feminino xigante.
Ás 20.30 horas a Biblioteca Rego da Balsa, acollerá a presentación do libro “Pioneiras da ciencia en Galicia”, co xornalista carballés Manuel Rey Pan e Elena Vázquez Cendón.

Para o 11 de marzo, ás 10.00 horas no Fórum Carballo, nova Xornada para profesionais A xustiza dende a perspectiva de xénero, co xuíz José Antonio Vázquez Taín.

Máis novas do #8M

Comentarios