xoves. 15.05.2025
El tiempo

A ampliación da estrada provincial da Pedra do Sal afecta a máis de 200 parcelas

A ampliación da estrada provincial da Pedra do Sal afecta a máis de 200 parcelas
Consello Parroquial de Noicela-Carballo Imaxe da xuntanza do Consello Parroquial de Noicela do pasado venres

Moi necesaria faise a ampliación da ampliación da estrada da Pedra do Sal. Unha petición que se repite en todos os consellos parroquiais da zona de Baldaio e que parece que se pode levar a adiante. O caseo é que vai afectar a 200 parcelas, e a día de hoxe están comprometidas as cesións de un 75% dos propietarios, aproximadamente.

Foi un dos temas máis importantes que abordou o alcalde no Consello Parroquial de Noicela, celebrado o pasado venres. O alcalde pediu a colaboración dos veciños conseguir completar a cesión de parcelas, unha vez que o Concello conta co compromiso da Deputación da Coruña de acometer a obra o ano que vén, pero sempre e cando se consiga a dispoñibilidade do solo.

E para que a veciñanza se faga unha idea do terreo que se precisa, ao longo de toda a vía colocáronse estacas delimitando a zona afectada, que coincide cos peches existentes e coa superficie que os propietarios terían que ceder no caso de querer pechar. “Simplemente se lles pide que fagan esa cesión anticipada”, explicou Evencio Ferrero.

O que semella que será máis difícil conseguir é o terreo para o aparcamento na contorna da igrexa. A propiedade do terreo, que é rústico, esixe que se merquen arredor de seis ferrados e ademais a un prezo de 30 euros por metro cadrado, segundo explicou o veciño que realizou as xestións. O Consello Parroquial considerou inasumible la operación, e tratará de buscar alternativas.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios