martes. 23.06.2026
El tiempo

Ondas Culturais asolagarán todo Carballo de música, cine, libros e circo durante os meses de xullo e agosto

Adri e Jenny Felpete, DO Rives presentando ondas_culturais2
Adri e Jenny Felpete, Do Rivés presentando o programa
Ondas Culturais asolagarán todo Carballo de música, cine, libros e circo durante os meses de xullo e agosto

Mentres empeza o San Xoán, Carballo xa deixa a axenda preparada para todo o verán. Un verán con 7 concertos, actuacións de maxia e circo, doce funcións de cinema e actividades para todos os estilos e todos os públicos no marco do renomeado programa "Ondas Culturais", que foi presentado o pasado venres polas irmáns Felpete, integrantes do grupo Do Rivés.

Este ano hai un formato motivado polas circunstancias especiais deste ano das obras previstas para a Praza do Concello, de xeito que a cultura resoará por todo o tempo municipal

As ondas partirán de oito parroquias e barrios, con concertos de rock, de pop, de jazz, canción de autor e, como non, as nosas Noites de Cine, que funcionan marabillosamente ben, sen esquecernos tampouco do circo, da maxia e dos espectáculos familiares.

ondas_culturais26

O programa aspota ademais polo talento carballés, con dúas citas destacadas para pechar por todo o algo o programa os días 21 e 28 de agosto. Primeiro con Do Rivés, unha banda da Costa da Morte que conta con dúas integrantes de Carballo que nos acompañan nesta rolda de prensa. Do Rivés é unha formación que traballa arredor da música tradicional galega desde unha perspectiva contemporánea e respectuosa coa transmisión oral.

E despois, xa na última semana de agosto co RockCarballo, que contará coa presenza de talento da vila e da comarca con Pablo Carballo, Mal Juicio e The Cerne. E despois, xa na última semana de agosto co RockCarballo, que contará coa presenza de talento da vila e da comarca con Pablo Carballo, Mal Juicio e The Cerne.

Máis citas de xullo e agosto

Xa falando do programa por orde cronolóxica, comezamos detallando as citas do mes de xullo, coa primeira o día 12 con Blues do país un dúo que que volve a Carballo cargado de música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación. 

Os sons galegos máis actuais chegarán o 23 de xullo da man de Unto Vello, Bieito Pereira e Xabi Gómez conforman un dos proxectos maís importantes os sons tradicionais galegos, cunha música dedicada ao baile e á voz, acompañados de percusión, gaita e acordeón. Foron finalistas dos Premios Martín Códax.

E para rematar o mes contaremos coa música da artista Antía Muíño o 31 de xullo, unha das revelacións da nova canción galega, que se move entre o jazz-pop, a canción de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta artística unha viaxe entre estilos. Foi galardoada nos Premios Martín Códax á mellor artista emerxente no ano 2025 e como mellor autora no ano 2026.

Sofía Espiñeira estará o 6 de agosto. Artesá de cancións, creadora e artista multidisciplicinar, que nas súas composicións combina o latexo das músicas do mundo coa canción de autora maís íntima e crúa.

Chegan tamén uns dos máis divertidos da música galega contemporánea, como son Familia Caamagno e a orquestra do quince, que actúan o 7 de agosto

O jazz chega da man de Manu Sija o 20 de agosto. Sija é un dos referentes máis innovadores do jazz contemporáneo en Sudamérica. 

Público familiar

Os máis cativos e cativas, chegarán Sempre Arriba, o venres 17 de xullo. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea e sobre todo moito humor. Unha invitación para xogar, para que o público se solte e celebre o presente con alegría e diversión.

E en agosto a cativada tamén ten a súa cita o día 14, desta volta coa maxia de Dani García. Presenta TIN un espectáculo de maxia inventiva.

Noites de cine

Este verán as NOITES DE CINE volverán a traer o mellor das nosas pantallas con 12 proxeccións en parroquias (Razo, Cances, Lema, A Brea, Sísamo, Sofán, Baldaio, Entrecruces) e barrios de Carballo (San Cristovo, Chorís, Milagrosa) ademais de no Xardín Municipal. Haberá cine familiar, comedia, aventuras e proxeccións galegas de filmes de grande éxito.

Praza dos Libros

E por suposto, tamén hai que mencionar a celebración da PLIC! A Praza dos Libros que do 9 ao 12 de xullo encherá de letras o Xardín Municipal e que organiza a Concellaría de Bibliotecas.


 

Comentarios