Martes. 10.09.2024
El tiempo

A asociación de veciños de Sofán organiza un ciclo de charlas durante o mes de febreiro

A asociación de veciños de Sofán organiza un ciclo de charlas durante o mes de febreiro
Todos os martes do mes de febreiro, o centro social de Sofán acolle un ciclo de charlas formativas organizadas pola asociación de veciños San Salvador de Sofán. Cada día tratarase unha temática diferente cunha charla impartida por un experto na materia. O ciclo de charlas comeza o martes día 7 con Inés Rodríguez que falará sobre os productos ecolóxicos, as súas propiedades e identificación. Continúan o día 14, co doutor Javier Porteiro Sánchez que tratará os riscos cardíacos e vasculares. Ánxela Abelenda guiará a charla do día 21 de febreiro que tratará sobre as terapias naturais e holísticas e sobre os aceites esenciais, reiki e flores de Bach. O ciclo de charlas remata o 28 de febreiro con Paco Barreira, de almacenes Agro, que falará sobre a vespa velutina, a importancia dos nutrintes das plantas e a pérdida de patacas. A asistencia é gratuita e terán preferencia os socios. Fonte  

Comentarios