A Asociación Vieiro presenta o seu programa de prevención das condutas aditivas nos centros de educación primaria de Carballo

08:42 24/09/22
Coincidindo co inicio do curso académico, membros da directiva da Asociación Vieiro mantiveron estes días reunións cos orientadores e orientadoras dos diferentes centros de Educación Primaria do Concello de Carballo co fin de ofertar os programas do ámbito educativo e aunar así esforzos na prevención das condutas aditivas no ámbito escolar.
Ademais, durante os encontros os representantes de Vieiro aproveitaron para trasladar información sobre os resultados obtidos durante o pasado curso escolar sobre os programas levados a cabo e nos que todos os centros do municipio participan xa dende hai varios anos.