A Bolsa De Traballo de Carballo busca 40 traballadores do sector do metal
07:10 07/09/17
Os postos de traballo serían nunha empresa de Arteixo e noutra de Culleredo. Imaxe: BDT
A Bolsa de Traballo - BDT - do concello de Carballo xestiona nestes momentos un total de 40 postos de traballo para o sector do metal. A maioría proceden dunha empresa de Arteixo que precisa 20 soldadores con semiautomática e 10 caldereiros, e
os outros 10 son para unha industria de Culleredo que busca 10 carpinteiros e montadores de aluminio cunha experiencia mínima de dous anos e dispoñibilidade para viaxar. As persoas interesadas deben poñerse en contacto o antes posible coa
BDT chamando ao 981 709 011 en horario de mañá.
O sector do metal continúa xerando unha porcentaxe moi importante das ofertas de emprego que chegan á Bolsa de Traballo do concello de Carballo, que xa o ano pasado xestionou outras 40. Á vista desa necesidade, desde este servizo municipal, integrado
na concellería de Promoción Económica, organizouse no primeiro semestre o ano un curso moi especializado e orientado a formar aos asistentes para cubrir eses postos tan demandados polas empresas. De feito, montadores e soldadores ou oxicortadores figuran no Servizo Público de Emprego de Galicia como dúas das profesións cunha “ocupabilidade laboral moi alta”, e estes 40 novos postos de traballo veñen confirmar que o metal é un sector con moitas posibilidades de empregabilidade.
Novas relacionadas
- A BDT de Carballo convoca un novo curso para optar aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3
- A BDT de Carballo ofrece novos cursos para desempregrados
- O 90% do alumnado da BDT aproba os exames de acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 2
- Alumnos da Bolsa De Traballo de Carballo realizan as prácticas en prevención de riscos laborais
- Douscentos desempregados participan nos cursos da Bolsa de Traballo de Carballo
- Remata o prazo para participar no curso de competencias clave de nivel 2 en Carballo
- Máis ofertas no comezo 2016 na Bolsa de Traballo do Concello de Carballo
- Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte.
- A Bolsa de Traballo de Carballo acadou 187 insercións laborais en 3 anos.
- Unha ollada aos completos cursos de Soldadura, Hostalería e Electricidade do Forum Carballo.
- 75 persoas fórmanse en Carballo co obxectivo da inserción laboral.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- BDT Carballo