![]()
O vindeiro martes, 30 de xuño, terá lugar no viveiro de empresas de Carballo entre as 16 e as 20 horas unha xornada sobre "Como crear a miña propia empresa: o método DIY (Do it yourself)".
O obxectivo da xornada organizada pola Cámara de Comercio de A Coruña é facilitar de forma ordenada e cronolóxica os pasos que un emprendedor debe dar para poñer en marcha calquera tipo de negocio partindo dende cero. Durante a sesión, explicarase como deseñar o negocio, rexistrar o dominio, formalizar os trámites, ter presenza e posicionamento en Internet, como financiar a inversión, as liñas de financiamento, axudas e subvencións,...
A xornada, que é gratuíta, está dirixida a emprendedores que se atopan dando os primeiros pasos no seu negocio ou aquelas que están pensando en iniciar o seu proxecto empresarial, autónomos así como aqueles empresarios que desexen profundizzar nos seus coñecementos.
Os interesados en participar poden informarse no 981 216 072 ou no enderezo electrónico formacion@camaracoruna.com.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cámara de Comercio