xoves. 23.04.2026
El tiempo

4.250 persoas afianzan un Carballo Interplay referente na escena dixital galega

Publico no Carballo Interplay 2026-foto-aigiboga
Público ateigando o Mercado no Carballo Interplay-foto-@aigiboga
4.250 persoas afianzan un Carballo Interplay referente na escena dixital galega

O Mercado de Carballo xa é todo un punto de encontro para o talento dixital, a creación audiovisual e a reflexión arredor da cultura de internet. E un lugar onde a creación dixital galega ten acubullo para sempre.

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay pechou este pasado domingo a súa 13ª edición con 2.500 asistentes presenciais aos seus eventos e preto de 1.800 visualizacións en streaming, o que supón un seguimento total de máis de 4.250 persoas entre público presencial e comunidade dixital.

Webseries de Dinamarca ou Canadá e grandes nomes do podcast a nivel estatal, conviviron durante 4 días cos mellores creadores de contidos dixitais na nosa lingua, entre eles os premiados @miradenovo, @Antontísimo, o os creadores do futuro proxecto Crossbooking Castelao. Mirase así unha rápida panorámica ao que foi esta cita creada e coidada polo Concello de Carballo.

A co-directora do festival, Sonia Méndez, puxo o foco na solidez da programación audiovisual desta edición, destacando especialmente “a enorme calidade da Sección Oficial de series”, así como o valor engadido que supuxo contar este ano coa presenza en Carballo de moitos dos equipos das series seleccionadas, que puideron presentar os seus traballos e compartilos co público en coloquios presenciais. Pola súa banda, a co-directora Andrea Villa salientou a consolidación dos premios dedicados á creación dixital en galego, que nesta edición bateron o seu récord de participación con 34 proxectos presentados, e subliñou tamén a boa acollida dos shows, podcasts e encontros pensados específicamente para o festival, así como a implicación do público nos paneis e debates, convertidos en espazos de conversa activa e pensamento crítico.

Foto de familia do Carballo Interplay 2026- Foto-aigiboga
Foto de familia do Carballo Interplay 2026- Foto-aigiboga

Máis novas do Interplay

REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY

 

Comentarios