![O vindeiro 9 de abril tera lugar en Carballo a carrerira popular De dous en dous]()
O vindeiro 9 de abril tera lugar en Carballo a carrerira popular De dous en dous
Coa chegada da primavera, aCosta da Morte convírtese nunha pista de atletismo. Unha das convocatorias que se sae das convencionais e que xa ten data -
9 de abril - é a
carreira popular, solidaria, integradora e nocturna "De dous en dous", que se celebra en Carballo por segundo ano consecutivo.
Xa hai arredor de 40 parellas inscritas nesta cita que tamén é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo e que está organizada polo Club Atletismo Carballo en colaboración co concello de Carballo. Segundo informa a presidenta de Atletismo Carballo, Asunción Vázquez, este ano a cita conta co apoio do coñecido corredor
Abdelkader Bouguerroudj, de Atletismo Sada, gañador do circuito de carreiras da Deputación da Coruña e gran atleta arxelino, que quere apoiar así esta cita solidaria. O nome da carreira vén dado porque
os participantes na categoría de adultos corren por parellas, de dous en dous, unidos por unha goma elástica polas mans e Bouguerroudj participará acompañado dun corredor carballés. Outra das peculiaridades da proba é que
é nocturna, además de ter un carácter solidario posto que tanto os participantes coma o público poden entregar, de forma voluntaria, un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros ou productos de hixiene infantil a beneficio de Cruz Vermella e Cáritas. A organización tampuco esquece a integración e fomenta a participación de persoas con diversidade funcional, que poderán ir acompañadas ou utilizar os instrumentos necesarios para o seu desprazamento. A inscrición péchase o mércores 6 de abril ás 23:59 horas e
haberá un tope de 300 parellas.
Percorrido
![carreira nocturna de dous en dous carballo]()
Respecto do circuíto, terá unha distancia aproximada de
5.000 metros nun percorrido urbano de 1.000 metros. Moncho Ríos, de Atletismo Carballo, sinala que a carreira mantén o percorrido do ano pasado, con saída a carón do Mercado Municipal, baixada pola rúa Doutor Fleming, Catro Portas, Vázquez de Parga, Desiderio Varela e volta á praza. O único cambio ten lugar na categoría Benxamín, no que o percorrido do ano pasado se vira alterado polas obras da rúa Colón pero que este ano volve a pasar por esa rúa. A categoría pitufo ten un percorrido de 150 metros. A saída de todas as probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor. A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do concello de Carballo a partir das 16:00 horas do día da carreira.
Asunción Vázquez quixo subliñar o carácter festivo da cita, que, segundo apuntaba o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, o ano pasado foi un éxito de convocatoria e público. Vázquez quixo agradecer a colaboración do concello e da Deputación da Coruña na organización, así como de Mónica Noya, que deseñou o cartaz de forma gratuíta, e de Alquileres Reneymar, Mercadona e Ambulancias Santa Marta. O alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitar a Atletismo Carballo por apostar por "esta iniciativa pioneira" que demostra, non só que "Carballo é deporte", senón tamén que é "un Concello solidario". Os premios que se repartirán son os seguintes:
- Categoría Pitufo: terán medalla todos os participantes.
- Categoría Benxamín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e medallas para todos os participantes.
- Categoría Alevín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e medallas para todos os participantes.
- Categoría Infantil feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e medallas para todos os participantes.
- Categoría Cadete feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as.
Por parellas:
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os 100 anos entre os dous.
Inscricións
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Carballo