xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Deputación inviste 340.000 euros na mellora do firme entre Coristanco e Rus

A Deputación inviste 340.000 euros na mellora do firme entre Coristanco e Rus
A Deputación da Coruña levará ao pleno de mañá o proxecto de mellora da estrada provincial DP 1912 de Coristanco a Rus, que conta cun orzamento de 339.832,70 euros. As obras consistirán na mellora do firme dos primeiros seis quilómetros deste vial, no tramo comprendido entre a estrada autonómica AC-552 e a DP 1914, mediante a reparación dos desperfectos existentes e o posterior extendido dunha capa de microaglomerado en frío e mistura bituminosa en quente, segundo dos tramos. O microaglomerado en frío axudará a mellorar a textura superficial nas zonas de curvas do vial e a adherencia dos vehículos en condicións climatolóxicas adversas. A zona contará tamén con nova sinalización horizontal e vertical. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña
 

Comentarios