A Escola Ambiental de Senda Nova achegará aos nenos carballeses á natureza de novembro a xuño

08:05 06/10/17

Que gran ocasión para os cativos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria de manter un conctacto estreito coa natureza e co agro. A Escola Ambiental de Senda Nova chega a súa 6ª edición e estará en marcha de novembro a xuño. Segue medrando pois esta aposta pola formación en clave natural, e conta con máis apoio municipal, aumentando así o número de actividades.
E para acadar alumnos, están encantados nos centros de ensino de que os responsables de Senda Nova fagan xornadas de difusión. Xa estiveron no CEIP Bergantiños levando a volantina de inscrición e facendo unha demostración de todo o que poderán vivir os cativos durante o curso.
Para máis información do proxecto no mail asociacion@sendanova.org ou nos teléfonos 611037614 / 611037617.
