Mércores. 11.09.2024
El tiempo

A fundación Gas Natural Fenosa organiza en Carballo unha sesión formativa para loitar contra a pobreza enerxética

A fundación Gas Natural Fenosa organiza en Carballo unha sesión formativa para loitar contra a pobreza enerxética
O Fórum Carballo acolle mañá xornada enerxética que se enmarca dentro do proxecto da Escola de Enerxía, posta en marcha pola concellería de Igualdade e Benestar do concello de Carballo e a Fundación Gas Natural Fenosa que ten como obxectivo contribuír á loita contra a pobreza enerxética. Despois dunha primeira sesión na que participou persoal técnico do departamento que dirixe Maica Ures, para mañá venres está programada no Fórum Carballo unha nova xornada á que asistirán neste caso usuarios e usuarias dos Servizos Sociais municipais. Para as vindeiras semanas están previstas outros tres talleres dirixidos a distintos colectivos. A Escola de Enerxía é unha iniciativa da Fundación Gas Natural Fenosa para dar soporte ás entidades que traballan contra a pobreza enerxética para que poidan asesorar ás persoas afectadas con consellos prácticos que lles permitan reducir a súa factura eléctrica. Neste sentido, a formación céntrase tanto na propia factura como na situación da vivenda e os hábitos de consumo, tratando de ver, en cada caso particular, como se pode aforrar. Así mesmo, ofrécese información sobre o bono social e outras axudas ás que poidan optar as persoas en situación de pobreza enerxética. Novas relacionadas Fonte

Comentarios