![rotonda-rua-ponte-carballo]()
O acabado final da glorieta da rúa da Ponte será de adoquín e céspede artificial
Os próximos días entrará en servizo a glorieta definitiva da rúa Ponte de Carballo tras o periodo de probas. Tal e como puideron comprobar onte o alcalde - Evencio Ferrero - e o concelleiro de Obras e Servizos - Luis Lamas-, os traballos xa están practicamente rematados. A glorieta quedará lixeiramente reducida para facilitar o tráfico de camións e autobuses, que disporán agora dun carril de circulación de seis metros de ancho. Ademais, en todo o perímetro da rotonda habilitarase unha franxa practicable de 1 metro de ancho, por se nalgún momento un vehículo precisa invadila para facer o xiro. O acabado final da glorieta será de adoquín e céspede artificial.
O proxecto da rúa Ponte completarase coa sinalización horizontal e vertical, o pintado, a plantación de varias árbores e a instalación de mobiliario urbano, incluídos os novos bolardos aparcabicis.
O obxectivo do concello de Carballo era que a obra estivese rematada para o San Xoán, e a empresa construcciones Vázquez y Reino vai cumprir con creces. Do mesmo xeito, na
rúa Desiderio Varela tamén avanzan a moi bo ritmo os traballos, e por parte da empresa construcciones López Cao está previsto rematalos antes das festas. O concello de Carballo está a realizar nestas dúas vías un investimento de máis de 365.000 euros, procedentes do Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación da Coruña.
Convenio
Por outra banda, o alcalde de Carballo e o de Cabana - José Muíño - asinaron onte un convenio de colaboración para a utilización do tren turístico durante a celebración do
Carballo por Etapas ao que se suman 19 locais.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo