Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Aberto o prazo para as citas formativas do Carballo Interplay

Este sábado remata o prazo para presentar proxectos de serie en galego e optar a un premio de 3000 euros
post KAMIKAZE 16-9
Aberto o prazo para as citas formativas do Carballo Interplay
O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que celebrará a súa oitava edición do 8 ao 11 de setembro, acaba de abrir as inscricións para o seu programa formativo. Falamos do xa famoso Taller Kamikaze de creatividade audiovisual "extrema" de tres días completos para 12 persoas; e do Obradoiro de creación de contido dixital para as xeracións Y e Z con responsables do medio de alcance global Freeda.

A experiencia audiovisual kamikaze trasládase ao Pazo de Cultura de Carballo, os días 30 e 31 agosto e 1 setembro, en horario intensivo de 10h a 20. As 12 persoas que participen no obradoiro enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir capítulos de serie Dinosauro que se estrearán unha semana máis tarde no festival acompañadas por profesionais do sector da talla de Alfonso Zarauza, Lucía Regueiro, Antón Varela, Iago López, Leticia T. Blanco ou Javi Camino. As persoas que queiran vivir esta aventura audiovisual extrema poden preinscribirse, antes do 16 agosto, a través deste formulario de inscrición.
 
A semana do festival, o xoves 9 de setembro, de 17:00h a 20:00h, as directoras de contidos de Freeda Raquel García Trigueros e Clara Amechazurra Falagán ofrecerán un obradoiro de 3h de duración sobre Creación de contido dixital para as xeracións Y e Z. As persoas interesadas en participar neste formación, poden inscribirse, antes do 23 de agosto neste formulario. Hai aforo de 20 persoas.
taller freeda 16.9

3000 euros para o mellor proxecto de serie en galego

O festival conserva ademais, na súa oitava edición, a dotación económica de 3000 euros para o premio a proxecto de webserie en galego. A data límite para presentarse é este sábado, 31 de xullo, .

Novas relacionadas

Comentarios