Luns. 01.03.2021
El tiempo

O Carballo Interplay lanza as datas da VIII edición e abre o prazo de inscrición

Cartel do Carballo Interplay 2021-Deseno de Isa Vila
Deseño de Isa Vila
O Carballo Interplay lanza as datas da VIII edición e abre o prazo de inscrición

Despois da exitosa edición dixital, a comunidade virtual máis creativa xa está desexando que volva o Carballo Interplay. Así que o Festival de Contidos Dixitais máis importante do estado anuncia as datas da VIII edición: do 8 ao 11 de setembro.

Así non saberemos como se poderá desenvolver esta edición (todo o mundo agarda poder volver xuntarse e abrazarse, pero cómpre esperar como evoluciona a pandemia), pero a organización xa pon en marcha as bases para a competición de series (ata o 15 de xuño e con 3.600€ en premios), así como o o premio a proxectos de serie en galego, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet.
Este premio ten unha dotación de 3.000€ destinada á produción de tres vídeos da serie do proxecto premiado.

Novas relacionadas

comentarios