Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais

O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais
Encontro Youtubeirxs-Estrea El Punto Frio-CIP2018-DavidTombilla2 Carballo foi a capital dixital do estado durante o Interplay-Foto-David Tombilla

Que non sexan os de fóra os que teñan que dicirnos as cousas impresionantes que temos na Costa, as cousas que facemos. Que sexamos nós mesmos os que nos decatamos do tesouro audiovisual creado dende hai 5 anos en Carballo. Porque a quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay volveu converter durante a pasada semana a vila coruñesa na capital da cultura dixital global, mundial.

256 webseries de todo o planeta chegaron ata Bergantiños, puidendo ser proxectadas 42, das que o xurado se encargou de escoller as mellores. Pero máis alá dos proxectos concretos premiados, que iremos repasando, hai que poñer en valor a aposta polos contidos dixitais, por convertir Carballo en sinónimo de vangarda cultural, por facer unha oferta pensada para todos os públicos (houbo sesións específicas para alumn@s) a pesar de que sexa unha cita que non chega a toda a cidadanía local que debería.

Atrapados na rede para alumnos Entrevistas CIP2018 - Foto David Tombilla Atrapados na rede foi unha interesante actividade para alumn@s dos centros de ensino carballeses - Foto David Tombilla Sonia Mendez Gala CIP2018 - DavidTombilla copiaSonia Mendez Gala CIP2018 - DavidTombilla copia Sonia Mendez, a directora e gran culpable deste lío, na Gala CIP2018 - Foto-David Tombilla

As series triunfadoras

Finalmente, foi a comedia Buster a gran triunfadora desta edición, levando os premios de mellor webserie do Estado, o premio AGAG ao mellor guión e o premio CREA á mellor dirección para David Saínz -que tamén recolleu o Premio do público por Mambo-, ademais do mellor actor para Manuel Noguera.
O xurado do festival, composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a crítica Desirée de Fez, o xornalista Iago Fernández, a actriz María Tasende, o guionista Oscar Cruz -en representación da Asociación Galega de Guionistas- e a directora Anxos Fazáns -en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia- decidiu premiar a viaxe do antiheroe Buster polas apps para ligar, as drogas, os youtubers e ‘glory holes’ dun mundo especial marcado polo humor incómodo, os sintetizadores e o costumismo andaluz.

En clave galega, a serie documental interactiva “Monumento”, que retrata as problemáticas da contorna e do medio acuático galego das comarcas de Ferrol, Ortegal, Santiago e Vigo acadou o de mellor webserie en lingua galega, e “Sígueme” fíxose co do mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos. O proxecto co que Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose, Aitor Ramos e Elisa Sánchez Sedes queren contar como unha estudante de sicoloxía, despois de ser expulsada da universidade, decide continuar clandestinamente o seu estudo experimental e crítico coa ciencia máis convencional.

E botando unha ollada ao mundo, “Emilia envidia” o internacional, “Bright Summer Night” o do xurado novo e “Mambo” o do público.

Foto de familia do Carballo INterplay 2018-Foto-David Tombilla Foto de familia da Gala do Carballo Interplay 2018-Foto-David Tombilla Encontro Youtubeirxs-Estrea El Punto Frio-CIP2018-DavidTombilla O Encontro Youtubeirxs, outros dos puntos singulares do Interplay-CIP2018-DavidTombilla David Perdomo - CIP2018 - DavidTombilla - Alta (9) copia David Perdomo pechou o Interplay xa nos bares- CIP2018 - DavidTombilla

Novas relacionadas

Edicións anteriores

Fonte

Comentarios