Venres. 27.11.2020
El tiempo

O Interplay abriu as portas… da túa casa

O Interplay abriu as portas… da túa casa

Así arrincaba a 7ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Dende a casa de Sonia Méndez, a directora, que guiaba a presentación desta edición 100% dixital do festival carballés. Que outro festival ten máis sentido para facelo na rede que este, non?

A sesión de inauguración meteuse na casa de Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica en Carballo, que valorou ese máxico número 7; e tamén de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Pablo Fontenla, presidente da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA); Enrique Lojo, presidente da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG); ou Ana Domínguez, da coordinadora de festivais de Galicia Proxecta.
Non faltaron na ronda de visitas membros do Xurado Oficial -Brays Efe, Andrea Gumes, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabarés e Guillermo Zapata- e Xurado Novo -Laura Méndez, Jaime Regueiro e Antía Suárez.

Case un milleiro persoas pasaron polo streaming, e uns 300 estiveron pegado á pantalla ata a primeira gran estrea: a webserie “XAN”, un produto da casa, que gañou o concurso de proxecto da pasada edición do festival para facerse realidade. Guionizada e protagonizada por Miguel Canalejo, e dirixida por Lucía Estévez tiveron colaboracións de grandes actores e actrices galegas. Ambos tiveron un fantástico coloquio cos espectadores a través do chat mentres comentaban os pormenores da gravación.

Ás proxeccións da Sección Oficial, dende a casa

O público do festival poderá ver, por primeira vez, dende a súa casa as 31 webseries de todo o mundo que compiten na sección oficial do Carballo Interplay, coñecer as súas creadoras e creadores e votar a súa favorita para o Premio do Público.

Non faltarán as maratóns e durante a noite do xoves, a partir das 20:00h terá lugar a proxección das 7 webseries galegas, antes da estrea de Amnesia 3.0, o outro proxecto da casa; o venres, a partir das 18:30h toca a sesión internacional, e ás 20:00h a estatal; e o sábado a partir das 17:00h terá lugar a segunda sesión dos blosques internacional e estatal antes da Gala de Clausura, o encontro de Verto e a entrega de premios.

V O GZ Interplay Versión orixinal en Destapando_Casares, Os 20 do XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X.
 As 7 webseries en galego para o Interplay Versión: @Destapando_Casares, Os 20 do XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X. 

3 días máis na rede

O completo programa continúa durante estes tres días. Esta mañá de xoves o Carballo Interplay sumérxese na internet máis feminista, falando con xogadoras de videoxogos, pasando por unha conversa co youtuber galego Aquel-e (Miguel Silva) dando boa conta do talento dixital galego.

Venres e sábado continúan as conversas e as proxeccións durante todo o día.

FormaCIP

Paralelamente desenvólvense as accións formativas, tamén en formato online. Este xoves dará conta o Obradoiro de Streaming, impartido por Jorge Boquete, de Miraveo, dos seus avances.

Novas relacionadas

comentarios