Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Académica Fina Casalderrey tamén pasa polo Espiral Maior Foro

TARXETA A muller xabaril
TARXETA A muller xabaril
A Académica Fina Casalderrey tamén pasa polo Espiral Maior Foro

Non para o Espiral Maior Foro, xa gran epicentro da cultura bergantiñá. Este  venres, 21 de abril, o espazo cultural sito na Rúa do Sol, 34 (Carballo), acolle ás 20:00h, estará a escritora pontevedresa Fina Casalderrey  para presentar a súa nova novela, "A muller xabaril".

Autora de de máis de 30 obras literarias, académica da RAG e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, na actualidade Fina Casalderrey é candidata oficial polo Estado español ao Premio Hans Christian Andersen 2024, considerado mundialmente como o Premio Nobel da Literatura Infantil.

Acompañarán á autora no acto a mestra e filóloga Lucinda Andrade Cives e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello. E haberá unha intervención musical.

Comentarios