Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adxudicado o proxecto de redacción da Variante de Carballo

Mapa da Variante o Circunvalacion de Carballo
Mapa da Variante o Circunvalacion de Carballo
Adxudicado o proxecto de redacción da Variante de Carballo

Non estará lista en 2022, como anunciara a Xunta. E veremos se no 2013. É certo que a Variante de Carballo, a necesaria circunvalación dende o polígono ata á estrada de Santiago, dá un novo paso adiante, pero moito máis despacio do esperado.

Xa pasaron 4 meses dende que comezaba o proceso de licitación, e onte a Xunta anunciaba a adxudicación, á empresa Noega Ingenieros S.L., da redacción do proxecto. Falamos apenas 132.000 euros dos case 15 millóns necesarios para poñer en marcha a infraestrutura.

A empresa ten agora 20 meses de prazo para ter listo o proxecto (xa estaremos no verán de 2022), e quedará licitar a obra, e executala…

Anos de demandas

A unión entre a estrada AC-552 na súa ligazón no polígono industrial coa autovía AG-55, a AC-413 e a estrada provincial dirección Santiago, é fundamental para evitar o tránsito do tráfico pesado polo centro urbano de Carballo, por zonas como instituto Alfredo Brañas, o colexio infantil e de primaria O Fogar, a escola infantil A Ledicia e a zona do complexo deportivo.

Novas relacionadas

Comentarios