Sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Xunta licita o proxecto da Variante de Carballo a 4 días das Eleccións tras 14 anos de promesas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel
Vázquez, nunha reunión o pasado ano co co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha reunión o pasado ano co co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
A Xunta licita o proxecto da Variante de Carballo a 4 días das Eleccións tras 14 anos de promesas

A circunvalación de Carballo, e a súa conexión con Santiago é unha infraestrutura absolutamente necesaria. Unha infraestrutura para mellorar a conexión dun polígono con tanto potencial como o de Bértoa, pero que ademais permitirá evitar o tránsito de vehículos pesados polo centro urbano de Carballo, por zonas tan febles como o instituto Alfredo Brañas, o colexio infantil e de primaria O Fogar, a escola infantil A Ledicia ou a zona do complexo deportivo.

Unha obra prometida dende 2006, malia que ata 2013 non houbo movementos. Daquela xa prometían que ía estar en funcionamento en 2016, pero os anos pasan, e non se soubo máis nestes anos de lexislatura ata o pasado mes de agosto, cando a Xunta anunciaba que gardaría unha partida dos Orzamentos 2020. Así foi, o goberno reservou unha partida de 250.000 euros este ano e un total de 12 millóns nos próximos 3 exercicios, e en decembro anunciaban que a licitación se activaría a comezos de ano.

Estamos en pleno mes de xullo, a 4 días das Eleccións Autonómicas do #12X, e a Xunta anuncia a publicación, hoxe mesmo, da redacción do proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da Variante de Carballo, no tramo de Bértoa.

Así o vén de confirmar a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, que informa de que a Plataforma de contratos de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación por un importe superior aos 170.500 euros, para o que o que as empresas interesadas, poden presentar as súas ofertas ata o día 23 de xullo. O prazo de execución da redacción é de 20 meses.

O trazado

Mapa da Variante o Circunvalacion de Carballo

O tramo desta primeira fase, unirá a estrada AC-552 na súa ligazón en Bértoa coa autovía AG-55, coa estrada autonómica AC-413 que se dirixe a Ordes e coa estrada provincial DP-1914 moi utilizada para desprazamentos en dirección Santiago. O presuposto base licitación destas obras estímase nuns 15 millóns de euros.

Posteriormente, completarase co segundo treito, que unirá a saída directa do polígono de Bértoa coa estrada de Ordes, cun novo orzamento de 13 millóns de euros.

Novas relacionadas

comentarios